1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

170915 fraudeGaliza - CUT - O sindicato detectou infracotizacións nas nóminas do conxunto do persoal que segundo as súas estimacións superan os 4 millóns de euros e poderían chegar aos 15 millóns, e pide a asunción urxente responsabilidades políticas pola gravidade dos feitos.


A CUT presentou esta mañá (15) denuncia en Inspección de Traballo e Seguridade Social contra a Compañía de Radio-Televisión de Galicia por unha fraude concretada en diferenzas mensuais de cotización de entre 100 € e 700 € na nómina de cada un do case milleiro de traballadores e traballadoras da empresa nos últimos 4 anos.

En xaneiro deste ano, cando aínda non se tiña unha perspectiva do alcance da infracotización millonaria, a CUT solicitara da dirección da empresa unha regularizacion urxente, que se deu só para os primeiros meses deste ano e, contrariando a legalidade, foi realizada detraéndolle cantidades aos propios traballadores e traballadoras que sufriron esta merma nas súas cotizacións.

Este incumprimento comezou en 2010, coa desobediencia empresarial do mandato do RDLei 8/2010, de 20 de maio, de continuar malia os recortes sostendo a cotización de maio dese ano, cunha tallada ilícita nas cotizacións do conxunto do persoal da empresa que agás excepcións, sufriu unha importante rebaixa.

A CUT considera unha vergoña que fronte ao seu deber de colaboración con outras Administracións e a exemplaridade que unha empresa pública baixo supervisión parlamentaria debe dar, durante todos estes anos os reiterados incumprimentos empresariais xogaran degradando e baleirando a imprescindíbel caixa da Seguridade Social, compromentendo o futuro das traballadoras e traballadores do ente, pero non só.

A central sindical demanda a inmediata asunción de responsabilidades políticas por estes feitos gravísimos e demanda explicacións inmediatas do Director Xeral sobre o acontecido, malia que, ao evidenciarse a nefasta xestión do ente público, a CUT entende que a conclusión non pode ser outra que o cese do Director Xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia e do seu equipo directivo como máximos responsables.

A CUT seguirá de preto a instrución de Inspección Laboral, colaborando coa Administración para regularizar a situación do cadro de persoal da empresa. Ao tempo fai un chamado a todos os traballadores e traballadoras afectados que cobraran a prestación de desemprego, maternidades, incapacidades, xubilacións, etc. -xa continúen en activo ou foran despedidos- a que presten atención ao curso desta denuncia, porque de prosperar abrirá unha vía incuestionábel para que recuperen os seus dereitos económicos perdidos. Atenderemos todas as consultas que os nosos compañeiros e compañeiras teñan sobre este tema.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.