1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

20431173174 f579f4df25 z 1Galiza - Galicia Confidencial - Contrato privado e sen publicidade entre Turgalicia e Unipublic para “a designación de Galicia como saída oficial” e para a “promoción do turismo de Galicia a través da Vuelta Ciclista a España 2016”.


Foto de Marcela Escandell (CC by-sa/2.0/) - La Vuelta espanhola de 2015.

Acoller a saída e cinco etapas de La Vuelta’2016 ten un alto custo para Galicia. Sen ningún tipo de negociación, aceptando a proposta presentada inicialmente por Unipublic, a Xunta, a través da Axencia Turismo de Galicia e con data 25 de agosto, acordou destinar 700.000 euros para “a designación de Galicia como saída oficial” e para promocionar o turismo de Galicia na Vuelta a España 2016. Trátase dun contrato privado, mediante procedemento negociado sen publicidade, xa que Unipublic S.A.U ten a titularidade en exclusiva dos dereitos de organización da Vuelta Ciclista a España.

A este primeiro pagamento da Axencia Turismo de Galicia para ser saída oficial e para a promoción do país, engadiranse outros coas administracións correspondentes pola organización de cada unha das etapas. No acordo feito público este venres por Javier Guillén, director xeral da Vuelta, coa presenza de Nava Castro, secretaria xeral de Turismo, e Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, anunciouse que as estradas galegas acolleran ata cinco etapas, e a organización prevé percorrer as catro provincias galegas. A primeira etapa sairá dun balneario ourensán, co patrocinio da marcaOurense Termal.

O contrato privado inclúe varias contrapartidas por parte da empresa:

* Producción do anuncio promocional da Vuelta 2016, con cinco localizacións elexidas por Turgalicia, con tres versións de 45, 30 e 20 segundos, que será emitido en Televisión un mínimo de 500 pases ao longo dos meses de xullo, agosto e setembro.
* Presentación do percorrido no primeiro trimeste de 2016, emitido por Teledeporte, con invitación para os líderes políticos e empresariais.
* Transmisión en directo e en aberto nun canal de TV estatal de alomenos os últimos 60 quilómetros de cada unha das etapas que percorran as estradas galegas.
*Diversos soportes publicitarios: pancartas sobre a estrada e nas beiras do percorrido, no Libro de Ruta Oficial, na páxina web lavuelta.es
* Carpa con mesa e cadeiras a disposición de Turismo de Galicia para recibir invitados na saída das etapas galegas.

Os 700.000 euros do contrato (578.512,40 + 121.487,60 do 21% de IVE) serán abonados con cargo aos orzamentos de Galicia do 2015 (50.000€) e do 2016 (650.000€).


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.