1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

260815 bdcGaliza - Diário Liberdade - [Pedro M. Cortegoso] Este 23 de agosto celebrouse unha xuntanza en Conxo co fin de iniciar a formación unha candidatura de cara as próximas eleccións estatais.


No Banquete de Conxo decidiuse traballar por unha candidatura propia, unha candidatura de galegos e galegas que só de contas ao pobo galego, e esta decisión tomouse por persoas de distintas ideas, de distintos partidos, por persoas sen partido, por persoas da terceira idade, por persoas novas, por parad@s e por asalariad@s.

Tamén se decidiu dirixirse a outras iniciativas para sumar esforzos e criar unha candidatura galega unitaria e soberana e facer un chamamento á integración das organizacións políticas e sociais que asuman este proceso.

Xa no mesmo día desde determinados medios de comunicación tentaron desvirtuar e desmontar calquera intento de formar en Galiza unha candidatura que teña como obxectivo a defensa da nosa nación. Manipulan e intoxican con novas que non son reais, nin se lles parecen, dándonos a escoller entre o BNG e Podemos, entre nación e esquerda, cando a realidade é outra. Non é casual que se pretenda dar unha imaxe de división cando comezamos a dar pasos de unidade.

Unha candidatura galega e soberana vai ter moitos atrancos, xa os ten o intento de facela, e as persoas que a apoien van ser descualificadas e acusadas de facerlle o xogo ao BNG. Esta acusación pretende ocultar o debate real e, como se veu na xuntanza do Banquete de Conxo, non é certa. As persoas que fomos alí, sen adscrición partidaria ou con ela, non o fixemos nin para reflotar nin para afundir o BNG, nin contra ningunha outra organización política.

Non temos que escoller entre unha forza política ou outra, a escolla está en ter representación propia no congreso ou estar integrados no grupo parlamentar dunha organización estatal. O debate non está entre o nacional e o social, iso xa está superado fai anos, pois ambas cuestións non se poden separar. Os problemas do pobo galego, que estes días vemos con maior contundencia reflectidos no leite derramado ou no bocareo que non se pode pescar, teñen a súa orixe nun sistema social e nunha dominación representada polo estado español e a UE. Quen decide que producir e como producir? Os mesmos que recortan as pensións e o salarios e mandan a nosa mocidade ao exilio da emigración. Quen pon o prezo á electricidade que producimos? Os mesmos que recortan a sanidade. En Galiza o nacional sempre foi unido ao social, só temos que ver nas hemerotecas as mobilizacións contra os encoros, a cota empresarial, a reconversión naval, o desastre do Prestige, etc.

A candidatura galega e soberana pode ser un dos instrumentos, ao meu entender, para tentar parar o proceso de desnacionalización, de desgaleguización, que sofre o noso país. Estamos nunha situación de decadencia demográfica, lingüística, económica, e debemos facer todo o posíbel por que o pobo galega teña os seus propios actores políticos. Isto non se consegue integrándonos nunha candidatura allea, aínda que é lexítimo que algúns pensen que ese é o camiño correcto. Non van vir de fora a solucionar os nosos problemas, temos que ser nós os que atopemos a solución. Temos que ter fe no noso pobo.

Queremos que Galiza sexa soberana. Queremos que non quede descolgada da liga das nacións sen estado para transformarse nunha comunidade autónoma. Queremos que o Pobo Galego teña a capacidade de decidir o seu futuro, que o rural poida producir, que os barcos poidan pescar, que o galego volva ás aulas e que a mocidade deixe de emigrar. Para todo isto debemos comezar entre todos e todas a construír a barricada que free o proceso de destrución de Galiza, e despois pasar á ofensiva, como fai hoxe o Pobo Catalán, para que nun día non moi lonxe poidamos ser unha nación independente.

Marín, 26 de agosto de 2015.

Pedro M. Cortegoso Gago, participante no Banquete de Conxo 2.0


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.