1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

080615 mareGaliza - Corrente Vermelha - Somamo-nos ao entusiasmo popular ante esta derrota do PP e esta porrada en Rajoy. Os resultados foron unha clara expresión do grito das rúas durante estes anos de loitas: Que se vaian agora!


O Partido Popular (PP) sofreu um duro castigo depois de anos de corrupcción, políticas contra a clase traballadora, espólio e desmantelamento do Estado e de ataques às liberdades democráticas. Perdeu quase dous milloes e meio de votos desde as eleccións municipais anteriores. Alen de perder na Coruña, Ferrol ou Compostela, caíram em lugares como Madrid e Valencia, onde Esperanza Aguirre e Rita Barberá foram derrotadas e humilladas. Perderam todas as maiorias absolutas que tiñam en Comunidades e perderon muitos de seus gobernos e muitos de seus municípios.

Vitória das candidaturas de unidade popular

As grandes vencedoras da noite foram as candidaturas de unidade popular. Marea Atlántica en Coruña, e Santiago, Lugo, Ourense, Manuela Carmena e Ada Colau podem chegar a alcaldesas de Madrid e Barcelona. Em outras cidades, como Zaragoza ou Cádiz, se dá a mesma situación.

Esas candidaturas foron votadas com o mandato popular de por os municípios ao servizo da cidadanía. Foron votadas para parar os desafiuzamentos e para que todos/as teñamos acesso a unha casa digna. Para por en pé un plano de emerxencia social que non permita que nengunha crianza durma sen comer ou que cortem a luz e a auga das famílias. Para defender e recuperar os servizos públicos e expulsar deles as grandes construtoras. Para auditar e non recoñecer a debeda como lexítima.

As candidaturas de unidade popular que gañaron nos concellos teñen que desenvolver esas medidas, ainda que iso supoña enfrentar as próprias limitacións legais dos municípios. Apelar à mobilización é a única maneira de sustentar estas propostas en institucións proxetadas para administrar recortes.

O PSOE xa correu a se relocalizar na esquerda e a postular-se como o piloto da "mudanza". Vai querer vender seu apoio, necesário, en muitos casos, para gobernar, en troca de esterilizar os novos concellos para levar adiante qualquer medida de ruptura. Porén non há de se aceitar chantaxe. Há de colocar seu apoio em base a um plano de emerxencia social. Se o rechazaren e preferiren dar concellos ao PP ou bloquear a candidatura, deben ficar de fora! Os acordos ten de ser públicos e claros.

O compromisso das candidaturas de unidade popular foi contraído coa a xente, non para serem fiadoras da ordem dos de cima. Baixo ningumha circunstancia podemos pasar através de aros e nos submeter ao mal menor.

Nos últimos meses, un novo panorama ven xurdindo. Visualizas-se claramente umha vontade de mudanza que pare a sangria que os trabalhadores / as sofremos e que se faga con que os ricos paguen en vez de nós.

Grandes posibilidades recaen sobre as candidaturas de unidade popular. E, também, grandes responsabilidades: serem leais aos de baixo, enfrentar os de cima, desobedecer a legalidade traizoeira quando nos vexamos obrigados/as a iso. Ese é o camiño. Organizar a mobilización e apelar aos pobo traballador é a forma de avanzar. Nesa tarefa, Corrente Vermella estará remando xunto, para:

APLICAR MEDIDAS SOCIAIS E POLÍTICAS QUE GARANTICEN OS DIREITOS SOCIAIS E POLITICAS

1.- Frente a uns concellos despilfarradores e uns "políticos/as" con salarios de executivos de grandes empresas, ningún salario por cima da media da clase traballadora.

2.- Frente a uns concellos endebedados por obras faraónicas ao servizo das construtoras, non pago da débeda xerada e ningumha obra que non estea baseada nas necesidades socias. As infraestruturas que o pobo traballador precisa non son tunéis a ningures, nin AVEs que non son AVEs, senon tren de proximidades, centros de saúde, xardíns de infancia, escolas, etc.

3.- Frente uns concellos que so apoian formalmente as loitas obreiras contra os empresarios, mas despois apoianse neles para a xestion dos servizos, é preciso facer o contrario, botar-llos fora, remunicipalizar os servizos públicos e abrir as institucións á clase obreira e aos veciños / as, a todas as loitas sociais, dando todas as facilidades para a sua organización.

4.- Frente uns concellos implicados en moitas ocasións na represión das loitas obreiras e sociais, os novos concellos teñen que ser baluartes na defensa das liberdades individuais e colectivas da sociedade: desde centros de apoio ás mulleres en loita contra o patriarcado, a través de comedores colectivos, xardíns de infancia, centros de acollida,...; como á xuventude contra a sua marxinación por umha sociedade que "idealiza" o "novo", mas penaliza e persegue a rebeldía xuvenil.

5.- Frente uns concellos despolitizados, convertidos en orgaos de "xestión" dos interese da direita e a patronal, reivindicamos uns concellos implicados na loita da Galiza pola autodeterminación, na solidariedade internacionalista cos pobos en loita contra o imperialismo.

6.- Frente uns concellos que fomentan o localismo para enfrentar á poboación artificialmente, defendemos unha outra organización adminitrativa: a disolución das Deputacións, verdadeiros nichos de corruptos e formas caciquis, e a constitución de comarcas , rompendo a estrutura provincial imposta polo Estado á Galiza.

Corrente Vermella non fía nas eleccións como instrumentos para mudar, só fiamos na mobilización e a autoorganización social, coa clase traballadora organizada á cabeza, para conquistar e defender as suas reivindicacións.

Esto supon pular pola autoorganización nos barrios, centros de traballo e estudo, recollendo a tradición do 15M das Asembleas Populares ou a través das AA Veciñais non corrompidas, co fin de que eses concellos gañados á PP e PSOE sexan a punta de lanza contra este réxime baseado na Constitucion do 78, a que permite os desafiuzamentos, os despedimentos masivos, e austericidio o servizo do pago da débeda.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.