1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

230415 pokGaliza - Revista Abordagem - [Xan do Can] É época eleitoral e non por iso mudan as coisas no concernente aos episodios de corrupción política dos representontos e representontas das incautas que seguen mantendo esta situación con os seus votos.


Colamos así (e traducimos) de ElDiario.es esta noticía que afecta ao PP, mais poderia afectar a calqueira outro partido ou agrupación eleitoral que tivera o mando da praza correspondente para facer dela o seu territorio, como sucede no caso de Vigo con o PSOE e Abel Caballero con o "enchufe" descarado da curmá da súa man dereita no consistorio, Carmela Silva, que segundo onformación de falsimedios, a fiscalía considera suficintemente probado que consiguiu o emprego nunha concesionaria do concello de Vigo por ser precisamente achegada da tenente de alcalde.

"Pagamentos de diñeiro", "entregas de regalos" e contratación de "distintas persoas recomendadas por autoridades, políticos e funcionarios". Estas son, segundo a investigación do caso Pokémon, as vías que as empresas do grupo Véndex empregaban para "gratificar a actuación" de "políticos e funcionarios" que presuntamente influían na "consecución de contratos e servizos públicos" para estas compañías. Un dos concellos no que isto sucedeu con máis asiduidade foi o da Coruña, segundo a xuíza Pilar de Lara, que nun novo auto acaba de ditaminar a incorporación á causa de datos fiscais do alcalde, Carlos Negreira, así como do presidente da Deputación coruñesa e número 2 do PP en Ferrol, Diego Calvo, incluídos nunha lista dunha corentena de persoas nas que tamén está o ex conselleiro e candidato á alcaldía de Ourense polo PP, Jesús Vázquez. A finalidade é investigar supostos enchufes.

Nun auto emitido este mércores a cuxo contido tivo acceso este diario a maxistrada autoriza a Vixilancia Aduaneira a solicitar nas bases de datos da Axencia Tributaria e da Seguridade Social todos os "datos que estimen de interese" dos devanditos dirixentes, ademais doutros edís e altos cargos da casa do concello e mesmo dun xornalista da prensa local. Ademais, pide os mesmos datos de tres persoas presuntamente beneficiarias dos enchufes e de máis de cincuenta empresas e entidades.

Para fundamentar estas novas dilixencias De Lara explica que o Concello coruñés foi, segundo a investigación, un dos centros desta "práctica presuntamente corrupta", toda vez que alí o delegado de Véndex, José María Tutor, "contaba con importantes contactos", entre os que se contaba o tenente de alcalde, Julio Flores, imputado no caso que recentemente caeu da lista do PP para o 24-M, e algúns dos seus colaboradores máis próximos, así como outros membros do goberno local. Como xa mencionou nun auto anterior, a maxistrada considera que o propio Negreira estaba ao corrente destas prácticas, toda vez que algunhas das conversacións telefónicas intervidas polos axentes "alcanzan o alcalde".

Ao contrario que noutras fases da investigación a xuíza xa non sustenta as súas conclusións unicamente no contido das gravacións telefónicas. "As conclusións conseguidas" a través das 'picadas' dos teléfonos "referéndanse co resultado do envorcado efectuado aos equipos informáticos e da correspondencia electrónica do Concello da Coruña", di. Eses datos dos ordenadores municipais, afirma, "revelan que de forma continuada" Tutor "enchufou persoas recomendadas por xente do novo Goberno municipal", o "xurdido das eleccións municipais de maio de 2011″, para "ocupar postos de traballo en servizos públicos adxudicados por ese Concello ao grupo Véndex". No caso concreto de Flores "aparecen un total de corenta e seis persoas respecto das que se solicita mediación".

Así, indica, "o exame do contido" do ordenador de Julio Flores "permite corroborar o contido das conversacións telefónicas", nas que os axentes detectan que Tutor coñece a "existencia dunha lista da que dispoñería" Flores "para contratar determinadas persoas que poderían ser próximas por razóns diversas" ao novo goberno do PP, de tal maneira que o concello "viría a operar a xeito de axencia de colocación". Esa función, evidencia a maxistrada, non lle "corresponde" aos concellos se non se fai "de forma disciplinada, regulamentaria e suxeita aos principios de igualdade, mérito e competencia".

Introdución da noticia para Abordaxe x Xan do Can


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.