1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

ovGaliza - AA de Coia - Nunha asemblea celebrada onte a Asemblea Aberta de Coia tomou a decisión de denunciar a Carmela Silva pola comisión dun delito de inxurias e calumnias contra as integrantes do noso movemento, pola publicación na súa conta de twitter o pasado 29 de marzo, dunha afirmación na que se acusaba aos "antialfageme" de ser "nazis" e de impoñer a nosa opinión "exercendo a violencia".


Parécenos intolerable que unha representante da cidadanía, cun cargo como o de Tenente de Alcalde, fale neses termos de persoas que non fan máis que denunciar a ineficacia e insuficiencia da política social do Concello.

A chamada loita da rotonda foi dende un principio e até o de agora un movemento reivindicativo pacífico e comunitario, no que diversas xentes do barrio de Coia e da cidade, intentamos visualizar a situación de precariedade e empobrecemento no que vive unha importante parte da cidadanía.

Fronte a isto o Goberno Municipal respondeu con descualificacións, ameazas e represión policial, co fin de acalar unha protesta xusta e necesaria.

Logo de sufrir as sancións, as imputacións e a violencia institucional por parte do Alcalde e os seus concelleiros, non imos tolerar as graves descualificacións feitas publicamente pola Srª Silva. Por iso presentaremos na vindeira semana unha denuncia penal colectiva asinada por ducias de persoas que estamos a loitar nos últimos meses en contra da dilapidación de cartos públicos en obras faraónicas, mentres miles de veciñas sofren o empobrecemento que unhas políticas sociais municipais deficientes non son quen de solucionar.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.