1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

3041237363 72e6b9842a zGaliza - Somos Maioria - Ante a falta de acordo entre as distintas plataformas e iniciativas municipais, SOMOS MAIORÍA quere manifestar a súa posición política respecto da falta de acordo e consenso entre os diferentes actores despregados sobre o taboleiro olívico. 


Foto de Edu - CC by/2.0/ - Vigo

Non se logrou a unidade e "por iso non haberá candidatura de Unidade Popular e Cidadá", lamenta Somos Maioría, en Vigo. Esa candidatura unitaria significaba para Somos Maioría "a posibilidade de abrir unha nova vía de acción política que podería favorecer o cambio en Vigo". "Non haberá candidatura unitaria e o voto de oposición vai fragmentarse entre distintas alternativas: Marea de Vigo, Gañemos Vigo, Vigo en Común,...".

A posibilidade dunha Candidatura de Unidade Popular e Cidadá esfúmase e tamén "esváese a posibilidade de acabar con anos de estafa nos que determinadas elites dedicáronse ao saqueo das institucións públicas coa conivencia de determinados políticos deshonestos. A pasividade e incapacidade das distintas plataformas cidadás para conseguir a unidade de acción suporá deixar a institución municipal en mans dos seus actuais xestores".

Somos Maioría lamenta a incapacidade dos distintos protagonistas para entenderse e chegar a uns acordos mínimos. "Nun momento de emerxencia social en que sería fundamental o entendemento, porén non se logrou ese consenso mínimo".

Somos Maioría pensa que "todos somos responsábeis desta desavinza entre as distintas plataformas". Entenden que "estamos facilitando a permanencia de Abel Caballero á fronte da actual Corporación e iso sumado á incapacidade da oposición (PP e BNG) podería favorecer unha maioría absoluta do PSOE en Vigo".

Somos Maioría naceu para favorecer a unidade de acción e a confluencia cidadá nunha candidatura de unidade popular. Tendo en conta que devandita confluencia non se acadou manifestan a súa decisión de non participar na vindeira confrontación electoral en Vigo. Porén fan un chamamento á cidadanía viguesa para que non apoien a aqueles partidos responsábeis da corrupción, o enchufismo, o nepotismo, a mala xestión e a situación de desemprego, baixos ingresos, pobreza, privacións de todo tipo e exclusión social que padecen moitos vigueses e viguesas.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.