1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

enrique iglesias 299x269Galiza - GC - O Daily Mail critica que recebera 300.000 euros por 45 segundos nun vídeo que está “cheo de mozas cada vez con menos roupa”. Enrique Iglesias tenta tirarlle ferro à polémica con un tweet onde alude a Galiza e a Xunta.


“Estala unha treboada logo de coñecerse que Turismo da Galiza pagou 220.000 libras por un vídeo no só incluíu 45 segundo da paisaxe – e unha chea de mozas--”. Este é o titular co que un dos rotativos máis populares do Reino Unido, o Daily Mail, ilustra o esbanxamento que o Goberno da Xunta realizou na promoción do último vídeo do músico, polo que pagou máis de 302.000 euros.
 
O xornal inglés destaca o feito de que, dos máis de catro minutos que dura o vídeo, só 45 sexan dedicados á promoción da Galiza e que, parte do mesmo estexa dedicado a “unha festa rave cunha chea de mozas que se multiplican en cada cena e cada vez con menos roupa”. Ademais, o Daily Mail tamén salienta que parte das cenas que, supostamente, terían que ser gravadas en Carboeiro, poderían terse realizado en interiores. 
 
De facto, no vídeo promocional que se pudo ver até agora e que foi retirado polo artista, eses 45 segundos aparecen no momento inicial do vídeo cun ecran que aparece uns segundos e que pon “Galicia. España”, tras o nome do cantante e os de Juan Magan e Yandel, compañeiros de reparto.
 
Con música de fondo aparecen os canón do Sil (Ribeira Sacra), o faro de Cabo Home (O Morraço), a praia das Catedrais (Riba d'Eu), a ponte de Rande (Vigo), as paisaxes aéreas de Ourense, a muralla romana de Lugo, a catedral de Santiago, a Cidade da Cultura. Xa no transcurso da primeira parte do vídeo, aparecen escenas soltas da Torre de Hércules, a praza do Obradoiro e o centro histórico de Lugo. 
 
Ante a polémica montada na Galiza, o proprio Enrique Iglesias remeteu varias mensaxes nas súas redes sociais nas que anuncia que o vídeoclip será apresentado publicamente no próximo 27 de fevereiro. No seu tweet, e logo da polémica xerada, o cantor fai referencia a Galiza e á Xunta, o governo que lle pagou para tentar tirarlle ferro ás críticas e tentar retificar a pouca promoción feita da Galiza nese vídeo.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.