1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

041114 orcGaliza - CIG - Practicamente todo o gasto non financeiro é transferido aos concellos, no resto continúan os recortes e os datos constatan a nula aposta polo emprego.


Os orzamentos da Xunta para 2015 son, para a CIG, “claramente electoralistas”. Practicamente todo o incremento do gasto non financeiro que experimentan é transferido ás corporacións locais e o crecemento previsto depende dun hipotético medre da demanda interna propiciado pola reforma fiscal do goberno central e unha suposta mellora da demanda externa nun contexto de forte inestabilidade política internacional e con estancamento ou recesión na UE. Un escenario “pouco críbel” segundo se tira da análise realizada polo Gabinete de Economía da CIG.
Logo de máis dun lustro inmersos/as nunha crise económica con graves efectos económicos e sociais, estamos ante uns novos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2015, que podemos cualificar de continuístas; moi semellantes aos de anos anteriores, tanto nas cantidades como na política que se desprende destes.

Os orzamentos para 2014 incrementáranse logo de catro anos de descensos (incremento que está sendo absorbido integramente en amortización da débeda e pagamento de xuros derivados desta); os do ano 2015 volven á senda dos recortes.

No que atinxe ás cantidades, son 9.790 millóns os que prevé gastar o goberno da Xunta durante o ano 2015, un 4,8% menos que o orzamentado para o ano 2014. Evidentemente esta contía ten en conta as operacións financeiras, é dicir, o pagamento da débeda. Durante o ano 2015 prevese amortizar 1.355 millóns de euros de débeda, un 28.3% menos que durante o ano 2014. Esta redución da amortización da débeda con respecto ao ano anterior é o que explica a redución, globalmente, dos orzamentos, xa que, de non ter en conta este capítulo -e só tendo en conta das operacións non financeiras-, o orzamento previsto medra un 0,5%, ata os 8.435 millóns, un leve incremento de 45 millóns de euros. Incremento en termos nominais, xa que a inflación prevista é do 0,6%, e polo tanto o gasto redúcese en termos reais.

Se ademais temos en conta que as transferencias correntes (do Estado ou da Unión Europea) se incrementan nun 11%, o esforzo da Xunta de Galicia é inexistente, isto é, continúase coa política de recortes.

Semellante ao do ano anterior nas cantidades e tamén nas políticas, nin estamos ante un orzamento expansivo nin ante políticas que impulsen o crecemento económico e melloren a protección social da cidadanía. Pero a pesar disto, o goberno prevé que o PIB galego vai incrementarse un 2% durante o próximo ano, escenario de difícil credibilidade.

O escenario macroeconómico sobre o que se sustenta o orzamento é o seguinte:

Cadro macroeconómico

 

2014

2015

Gasto en consumo final

0,4

0,9

 Consumo fogares

0,2

0,9

 Consumo AAPP

0,8

0,8

Formación bruta de capital

-0,8

1,5

Achega demanda interna[1]

0,2

1,0

Exportacións

3,9

6,6

Importacións

2,6

4,9

Achega sector exterior

0,7

1.0

Produto Interior Bruto

0,9

2,0

Emprego

-0,6

0,9

Taxa de paro[2]

21,7

20,1

Fonte: Proxecto de Orzamentos 2015.

A pesar deste leve incremento do gasto non financeiro nos orzamentos (0,5%), estímase un incremento do PIB do 2% para o ano 2015, que se presenta como o ano da recuperación, recuperación que se sustenta única e exclusivamente na reforma fiscal aprobada polo goberno central -que entra en vigor no ano 2015- e na mellora da demanda externa. Non hai outra novidade.

Unha reforma fiscal regresiva -que no mellor dos casos vai incrementar a liquidez dos de maiores ingresos-, por si soa, dificilmente vai sustentar a recuperación económica. Que doado é gobernar!

Isto no que atinxe á demanda interna, a cal estiman que contribúa nun punto ao crecemento do PIB. O outro punto vai achegalo a demanda externa, sobre todo polo importante incremento das exportacións; así, prevese un incremento destas no 6,6% durante 2015.

Nin o incremento da demanda interna -sustentado na reforma fiscal-, nin o da demanda externa -sustentado nas exportacións-, nun contexto de forte inestabilidade política internacional e con estancamento ou recesión na Unión Europea, o noso principal socio comercial, dan credibilidade a este escenario macroeconómico.

 A aposta pola creación de emprego é menos ambiciosa. A previsión é dun incremento do 0,9%, en torno aos 10.000 postos de traballo, no mellor dos casos, no ano da “recuperación”. Deprimente.

A este escenario, como dixemos anteriormente, a Xunta vai contribuír con 9.790 millóns de euros, cuxos ingresos se distribúen como segue.

Ingresos do Orzamento consolidado. Distribución económica.

     

Variación 15/14

Capítulos

2014

2015

absoluta

Relativa

I. Impostos directos

1.937,00

2.020,00

83,00

4,3

II. Impostos indirectos

3.133,00

3.118,00

-15,00

-0,5

III. Taxas, prezos e outros ingresos

166

177

11,00

6,6

IV. Transferencias correntes

1.953,00

2.168,00

215,00

11,0

V. Ingresos patrimoniais

24,00

18,00

-6,00

-25,0

TOTAL OPERACIÓNS CORRENTES

7.214,00

7.501,00

287,00

4,0

VI. Alleamento de investimentos reais

13,00

10,00

-3,00

-23,1

VII Transferencias de capital

528,00

564,00

36,00

6,8

T. INGRESOS NON FINANCEIROS

7.755,00

8.076,00

321,00

4,1

VIII. Activos financeiros

20,00

14,00

-6,00

-30,0

IX. Pasivos financeiros

2.507,00

1.700,00

-807,00

-32,2

TOTAL INGRESOS FINANCEIROS

2.527,00

1.714,00

-813,00

-32,2

TOTAL INGRESOS

10.281,00

9.790,00

-491,00

-4,8

Fonte: Proxecto de Orzamentos 2015.

Son os ingresos non financeiros os que se prevé que medren durante o ano 2015, concretamente un 4,1%. A maior contribución a este incremento vén do aumento dos transferencias, xa que se prevé que as transferencias correntes medren un 11%.

A recadación a través de impostos directos tamén se prevé que aumente ao longo de 2015, concretamente nun 4,3%. Segundo o goberno da Xunta é a maior recadación a través do IRPF (polo aumento da ocupación, así como liquidacións de exercicios anteriores), xunto co imposto sobre patrimonio e o novo impostos sobre depósitos nas entidades de crédito (17 millóns de euros), os que explican este medre.

A pesar do medre da recadación a través de impostos directos, e da redución a través de impostos indirectos, estes últimos sequen superando amplamente os primeiros; para o ano 2015 prevese unha redución do 0,5% da recadación destes tributos acadando os 3.118 millóns de euros. A redución de ingresos deste capítulo débese á caída da recadación a través de impostos especiais (especialmente tabaco), e sobre actos xurídicos documentados. No que atinxe ao IVE, mantense a previsión de recadación.

Hai que comentar neste apartados que, malia que nos orzamentos se contempla a introdución dun novo imposto (o Imposto Compensatorio Ambiental Mineiro, que entra en vigor o 1 de xaneiro do ano próximo), o seu devengo non se produce ata o 31 de decembro, polo que non se orzamentan ingresos a través deste.

No incremento das transferencias correntes, o que maior peso ten é o aumento na participación no sistema de financiamento estatal (11%). Dentro deste capítulo está incluída a transferencia da Iniciativa de Emprego Xuvenil, polo que se prevé recibir apenas 20 millóns de euros.

No que atinxe aos ingresos financeiros, estes redúcense un 32% con respecto ao ano 2014, por mor do menor incremento, a priori, do endebedamento previsto para 2015. Son 1.700 millóns de euros os que a Xunta de Galicia prevé emitir como débeda no próximo ano (808 menos que no ano 2014). Deles, 1.208 millóns destínanse a amortizar débeda anterior; o resto vai para operacións non financeiras.

Os gastos distribúense como segue:

Gastos do Orzamento consolidado.

 

 

 

variación

Capítulo

2014

2015

Absoluta

%

I. Gastos de persoal

3.367,00

3.382,00

15,00

0,4

II. Gastos en bens correntes e de servizos

1.364,00

1.388,00

24,00

1,8

III. Gastos financeiros

352

336

-16,00

-4,5

IV. Transferencias correntes

1.941,00

1.960,00

19,00

1,0

TOTAL OPERACIÓNS CORRENTES

7.024,00

7.066,00

42,00

0,6

V. Fondo de continxencia

105,00

125,00

20,00

19,0

VI. Investimentos reais

666,00

698,00

32,00

4,8

VII.Transferencias de capital

596,00

546,00

-50,00

-8,4

OPERACIÓNS DE CAPITAL

1.262,00

1.244,00

-18,00

-1,4

T. GASTOS NON FINANCEIROS

8.391,00

8.435,00

44,00

0,5

VIII. Activos financeiros

140,00

147,00

7,00

5,0

IX. Pasivos financeiros

1.750,00

1.208,00

-542,00

-31,0

TOTAL GASTOS FINANCEIROS

1.891,00

1.355,00

-536,00

-28,3

Total xunta

10.281,00

9.790,00

-491,00

-4,8

Fonte: Proxecto de Orzamentos 2015.

Se aos 1.208 millóns destinados a amortizar débeda sumamos os gastos financeiros (capítulo III) derivados desta, o 16% do orzamento (1.544 millóns) vai destinado a estes dous capítulos, a pesar de que ambos descenderon substancialmente con respecto ao ano anterior; no caso dos xuros, pola redución dos tipos de xuro.

Apenas 156 millóns do novo endebedamento se vai espallar pola nosa economía. Aínda así, as operacións de capital (que sería para ao que se debería utilizar fundamentalmente o novo endebedamento, para investimento), descende en 17 millóns con respecto ao previsto no ano anterior. En 2014 foran 100 millóns menos, o anterior 160 millóns menos... Trátase dos capítulos máis castigados polos recortes da Xunta de Galicia, a pesar de medrar o endebedamento.

Dentro das operacións correntes, o capítulo máis importante é o de gastos de persoal, que acapara o 34% do total do orzamento. Para o ano 2015 prevese un medre do 0,4%. Os conceptos retributivos mantéñense nas mesmas contías que no ano 2014, e a taxa de reposición non pode superar o 50%, e só en educación e sanidade.

O incremento débese basicamente a un “truco contable”. Ata este ano, a dotación de crédito para as substitucións do persoal ao servizo da Administración de xustiza, non se incluían dentro dos créditos do capítulo I; a partir do 2015, si. Isto, xunto co incremento dos efectivos como consecuencia da implantación da LOMCE e de persoal de orientación laboral, xustifica o incremento, tal como se explica nos orzamentos. Pero non debemos esquecer que a Consellaría de Educación, no ano 2014, sufrira unha redución de 16 millóns en gastos de persoal, polo que o incremento de 7 millóns para 2015 non compensa nin sequera a caída anterior.

Dentro das transferencias correntes, capítulo IV, a contía máis importante é a transferencia ao Servizo Galego de Saúde.

Pero no que atinxe aos gastos, a distribución funcional permítenos apreciar con maior detalle o orzamento.

Distribución funcional do gasto. Millóns de euros.

 

 

 

Variación

Grupos de función

2014

2015

Absoluta

%

1. Servizos de carácter xeral

211,4

231,4

20,0

9,5

Alta dirección da CA

34,7

34,8

0,1

0,3

Administración xeral

55,0

63,4

8,4

15,3

Xustiza

110,2

114,1

3,9

3,5

Administración local

4,3

12,3

8,0

186,0

Normalización lingüística

7,0

6,7

-0,3

-4,3

Procesos electorais e órganos de representación política

0,0

33,5

33,5

 

2. Protección civil e seguridade cidadá

19,5

33,5

14,0

71,8

Protección civil e seguridade

19,5

33,5

14,0

71,8

3. Protección e promoción social

752,3

768,4

16,1

2,1

Acción social e promoción social

565,2

571,2

6,0

1,1

 Promoción do emprego e inst. do merc de traballo

182,9

193,1

10,2

5,6

Cooperación exterior

4,1

4,1

0,0

0,0

4.- Prod. de bens púb. de carácter social

5.654,3

5,678,9

24,5

0,4

Sanidade

3.397,0

3408,7

11,7

0,3

Educación

2.046,7

2048,2

1,5

0,1

Cultura

61,2

57,9

-3,3

-5,4

Deportes

18,2

18,5

0,3

1,6

Vivenda

32,5

41,3

8,8

27,1

Outros servizos comunitarios e sociais

98,5

104,1

5,6

5,7

5.- Prod. de bens públicos de carácter ec.

748,3

762,7

14,4

1,9

Infraestruturas

268,8

264

-4,8

-1,8

Ordenación do territorio

17,2

16,3

-0,9

-5,2

Promoción de solo para actividades econ.

44,0

43,6

-0,4

-0,9

Actuacións ambientais

97,0

89,8

-7,2

-7,4

Actuacións e valorización do medio rural

115,0

137,1

22,1

19,2

Investigación, desenvolvemento e innovación

113,2

122,4

9,2

8,1

Sociedade da información e do coñecemento

88,6

85,6

-3,0

-3,4

Información estatística básica

4,1

3,9

-0,2

-4,9

6.-Regulación económica de carácter xeral

112,6

120,6

8,0

7,1

Actuacións económicas xerais

27,9

27,3

-0,6

-2,2

Actividades financeiras

84,6

93,2

8,6

10,2

7.-Reg. económica de sectores prod. e desen. empresarial

594,0

561,9

-32,1

-5,4

Dinamización económica do medio rural

307,2

308,6

1,4

0,5

Pesca

78,4

53,8

-24,6

-31,4

Industria, enerxía e minería

38,2

39,8

1,6

4,2

Desenvolvemento empresarial

110,6

103,1

-7,5

-6,8

Comercio

15,5

13,4

-2,1

-13,5

Turismo

43,2

42,9

-0,3

-0,7

8.-Transferencias a entidades locais

117,4

117,4

0,0

0,0

Transferencias a entidades locais

117,4

117,4

0,0

0,0

9.-Débeda pública

2.071,1

1515,1

-556,0

-26,8

Débeda pública

2.071,1

1515,1

-556,0

-26,8

TOTAL

10.281,3

9790,3

-491,0

-4,8

Fonte: Proxecto de Orzamentos 2015.

O feito de amortizar 556 millóns de euros menos de débeda que no ano 2014, o grupo 9 do orzamento,débeda pública, convértese na que rexistra o maior descenso con respecto ao ano anterior, concretamente dun 26,8%.

Este grupo, xunto co 7, regulación económica de sectores produtivos e desenvolvemento empresarial, son para os que se estiman descensos. No caso deste último, o descenso do gasto afecta a practicamente todas as funcións, pero é a pesca a que experimenta a maior caída, do 31,3%, 24 millóns de euros menos. O descenso céntrase practicamente no programa de competitividade e mellora da calidade da produción pesqueira e da acuicultura.

Os fondos do IGAPE mantéñense estábeis en torno aos 83 millóns de euros.

Continuando polo grupo 1, actuación de carácter xeral, o orzamento medra un 9,5%; o incremento está moi repartido entre os distintos subgrupos: o aumento na administración xeral débese a unha obra nova por mandato a SPI (Sociedade Pública de Investimento de Galicia). Polo que respecta á administración local, como novidade aparecen recollidas dúas partidas destinadas a conservación, reposición e restauración do ambiente, unha como transferencia corrente e outra de capital; a suma das dúas explica o incremento do subgrupo.

No que atinxe á normalización lingüística, un ano máis sofre un novo descenso.

grupo 2, protección civil e seguranza cidadá, medra un 71,7% con respecto ao ano anterior, 14 millóns de euros máis. Dentro deste grupo está incluída a loita contra incendios, que pasa de 5,8 millóns a 7,7 en 2015; practicamente todo o orzamento desta partida pasa a ser executado polos consorcios provinciais contra incendios en detrimento dos comarcais.

Con isto, e mais coa Axencia Galega de Emerxencias -que pasa dun orzamento de 4,2 millóns en 2014 a 10,2 millóns en 2015-, explícase a meirande parte do incremento deste grupo.

Ao grupo 3, produción de bens públicos de carácter social, destínanse 768 millóns de euros, 16 máis que no ano anterior. Con este incremento simplemente se pon ao mesmo nivel do ano 2013, logo do forte descenso do ano 2014, e lonxe dos orzamentos de anos anteriores cando as necesidades sociais eran moi inferiores ás actuais.

Comezando polo subgrupo de promoción e acción social, increméntanse os fondos destinados a este un 1%. E dentro del, é de salientar o incremento dos fondos destinados á RISGA, de 39 a 47 millóns de euros, que é o que explica a totalidade do medre, xa que, se ben o programa de dependencia medra en 20 millóns de euros, o de atención a persoas maiores e con discapacidade se reduce en 23 millóns. Así, en conxunto, o destinado a dependencia e discapacidade ten menos fondos, miraxe contábel para dicir que si, pero non.

Dentro deste subgrupo están incluído todos os programas que teñen a ver coa muller e a igualdade. Neste caso, débese destacar o mantemento dos fondos destinados para a conciliación da vida laboral e persoal en torno a 1,2 millóns de euros; redúcense os fondos destinados a igualdade, protección e promoción da muller de 6,2 a 5,8 millóns (este programa no ano 2009 tiña orzamentados 32 millóns de euros). Aumenta de 2,9 a 3,4 millóns o programa de protección e apoio ás mulleres maltratadas.

A promoción do emprego e institucións do mercado de traballo, en conxunto, vai recibir un 5,6% máis, o que equivale a 10 millóns de euros; así, pasa de 182,9 a 193,1 millóns. A seguir, amósanse as contías dos programas máis importantes e como evolucionaron nos últimos anos.

Programas. Millóns de euros

 

2012

2013

2014

2015

Mellora e fomento da empregabilidade

99,0

40,0

37,6

50,7

Promoción do emprego autónomo

54,0

43,0

41,0

37,8

Formación profesional desempregados/as

98,9

72,0

68,3

68,2

Mellora da cualificación do emprego

32,4

6,6

6,6

6,0

Total

284,3

161,6

153,5

162,7

Como se ve, tan so medran, con respecto a 2014, os fondos destinados ao programa de mellora e fomento da empregabilidade. Dentro deste programa, o medre absórbeno practicamente as transferencias a corporacións locais para programas de fomento do emprego; claramente, con fins electoralistas.

O resto dos programas deste grupo descenden con respecto ao ano 2014. O incremento simplemente sitúa o orzamento ao mesmo nivel que o ano 2013 . E se se compara con anos anteriores, o resultado é demoledor: 120 millóns menos que no ano 2012.

Estes datos amosan claramente a nula aposta polo emprego por parte da Xunta de Galicia. Detrás da máscara dunha preocupación polo emprego, o único que se agocha é unha campaña do Partido Popular para gañar as eleccións municipais, xa que como dixemos anteriormente o único que medra deste grupo de gasto son as transferencias a corporacións locais.

Nin sequera se van incrementar os gastos en 20 millóns de euros que son os que se van recibir da Unión Europea para o Sistema de Garantía Xuvenil; é dicir, o esforzo da Xunta é menor.

Non debemos esquecer, tampouco, que estes 20 millóns son apenas un 3% do que recibe o Estado español para este fin, moi por debaixo do noso peso poboacional; pero, claro, como os nosos mozos e mozas emigran, temos as taxas de paro máis baixas e polo tanto dereito a menor contía dos fondos. Tremendo.

O grupo 4, produción de bens públicos de carácter económico, experimenta unha evolución moi desigual: para sanidade está previsto un 0,3% máis de fondos que en 2014, medre destinado integramente a atención especializada; o resto, incluíndo a atención primaria, sofre lixeiros recortes.

Para educación, practicamente se mantén o orzamento, xa que a previsión de incremento de gastos é do 0,1%. Mais dentro do programa si se producen cambios destacábeis: o único programa que rexistra un incremento apreciábel é o de educación secundaria e formación profesional, que pasa de 659 a 671 millóns de euros; educación primaria, infantil e ESO sofre un recorte de 2%; outro 2% as ensinanzas universitarias; os servizos e axudas complementarias ás ensinanzas reducen os seus fondos nun 1%; e tamén a partida destinada á prevención do abandono escolar se reduce nun 1%.

Dentro deste grupo son os fondos destinadas a vivenda os que máis se incrementan, concretamente un 27,4%. Todo o medre vai destinado a fomentar a rehabilitación e calidade das vivendas. O resto dos programas apenas sofren variacións.

Dentro do grupo 5, produción de bens públicos de carácter económico, que en conxunto medra nun 2%, todo o incremento vai destinado a actuación e valorización do medio rural e I+D +i. O resto dos programas continúan afectados polos recortes.

Dentro do grupo 6, os 8 millóns de euros nos que aumenta o programa de actividades financeiras vai destinado a imprevistos e funcións non clasificadas.

En resumo, estamos ante uns orzamentos claramente electoralistas; practicamente o incremento do gasto non financeiro que experimentan estes orzamentos é transferido ás corporación locais, ben a través de transferencias (novas) destinadas á restauración do ambiente, ben a través do incremento dos fondos destinadas a promoción e fomento do emprego, xa que o medre que experimenta esta partida absórbeno totalmente as corporacións locais para programas de fomento do emprego.

Se non fose ano electoral, non daba lugar a desconfianza, mais si sendo, o que se conclúe é que o único que lle preocupa ao Partido Popular é gañar as elección municipais. No resto, continúan coa política de recortes, véxanse, senón, as operacións de capital que ano trás ano se están recortando a pesar do incremento do endebedamento, e xa van 6 anos de recortes.

O persoal ao servizo da administración un ano máis ve conxeladas as súas retribucións; as persoas usuarias dos grandes servizos públicos (sanidade e educación) vemos como, ano tras ano, se están deteriorando; os fondos destinados á dependencia medran pero non o suficiente; o escenario macroeconómico que sustenta estes orzamentos é pouco críbel, etc. O único claro é a pretensión do Partido Popular de gañar as eleccións municipais de maio de 2015.

Vigo, 28 de outubro de 2015

Natividad López Gromaz

Gabinete técnico confederal


[1] Contribución en puntos porcentuais.

[2] % de poboación activa.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.