Iso é o que ven de suceder con o denostado Samuel Juárez, azoute de calqueira galega que se movera un pouco sen pedir permiso, quen ven de recibir un seu premio consistente nun cargo diplomático en China, concretamente en Pequín e relacionado coa agricultura. Juárez ten entre seus maiores méritos sementar a ideia de que na Galiza houbera un grupo terrorista, facer medrar a idea de que hai un triangulo anarquista con os seus vértices móbiles que van desde Lugo ou Vigo ata Italia ou Grecia a mantenta ou ao chou e recoleitar multas de manifestantes anti-cárceres anti-despexos ou pro-lingua ou pro calqueira direito que se reclamara; poida que de ai que vai destinado a un cargo de agricultura.
Mais non foi o único premiado nestes días: tambén quen fora o 2º alcalde desta lexislatura en Santiago de Compostela, Ángel Currás, acusado de corrupción e pendente de xuizo, ven de ser nomeado, moi axeitadamente o meu parecer, como máximo dirixente da empresa pública encarregada do lixo e das lixeiras, TRAGSA. Sen dúvida que saberá moverse entre a merda como na súa propria casa.
Así que dende aquí, quero transmitir aos novos 51 inculpados en que fiquen ben "tranquis", que no seu día xa recibirán tambén as súas recompensas. É de lei.