1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

3551857404 9871e256bc zGaliza - Compostela Aberta - A Asemblea Cidadá de Compostela irrompe na cidade transformándose nun proxecto municipalista chamado Compostela Aberta. Como plataforma cidadá, traballará pola mellora das condicións de vida da cidadanía, facendo unha nova  política, cun Goberno aberto baseado na democracia participativa.


Foto de Feans (CC by/2.0)

Compostela Aberta, espazo asemblear que promoverá unha candidatura cidadá para as elecións municipais de maio de 2015, convoca á cidadanía e aos medios de comunicación a asistir á súa presentación pública este xoves 9 de Outubro ás 17.15 na Praza do Obradoiro.

O acto consistirá na lectura do Manifesto de presentación de Compostela Aberta, por parte de tres representates da Asemblea, que atenderán posteriormente ás preguntas dos xornalistas.

Compostela Aberta é un movemento cidadá que comezou a artellarse hai uns meses entre veciños e veciñas de Santiago, produto da indignación tras anos dun goberno corrupto, no que o tráfico de influencias, o despilfarro e a prevaricación primaban sobre as necesidades da xente do noso Concello. Segundo declara a Asemblea Cidadá de Compostela, "Como espazo de encontro para a procura de solucións e alternativas, concluímos que é a hora de dar un paso adiante e promover unha candidatura cidadá que lle dispute o poder nas eleccións municipais do 2015 aos partidos responsables desta situación".

"A transformación política pasa pola construción entre toda a cidadanía compostelá dun Concello aberto á transparencia, á democracia real e á participación activa de todos nós na toma de decisións, onde,por fin, as institucións municipais sexan un espello vivo da soberanía popular". " Compostela Aberta traballará a partir de agora nesa dirección", informa a Asamblea cidadá.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.