1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

310814 rdfGaliza - Ártabra 21 - [Alexandre Carrodéguas] O concello de Ferrol esta a levar a cabo unha campaña totalmente falsaria en relación co saneamento da ría de Ferrol.


A falacia consiste en "vender" un saneamento integral da ría que non vai ser tal. O proxecto basease nunha depuración intensiva e unitaria que vai mesturar augas residuais e pluviais que en caso de choiva forte van provocar verquidos contaminantes a ría de Ferrol. Polo tanto dicirlles os veciños e veciñas de Ferrol que a partires de agora van ter unha ría totalmente saneada e faltar a verdade. E facelo con cartos públicos nestes tempos de carestía e crise e algo que contribúe a degradar mais do que xa está o prestixio das administracións públicas.

O concello non debería facer campañas publicitarias demagóxicas pensando unicamente nas próximas eleccións municipais. O concello non debería de enganar a veciñanza Ferrolá sobre as virtudes dun proxecto obsoleto e desfasado que vai chegar tarde mal e arrastro. Senón que debería aplicarse en mellorar un proxecto que contemple o necesario saneamento "integral" da ría e a sua rexeneración. E asi mesmo non debería gravar excesivamente a cidadanía cos novos recibos da auga. E tempo xa doutra política non propagandista que atenda as necesidades reais da cidade.

[*] Alexandre Carrodeguas, activista social de Ferrol Terra, promotor de plataformas cidadáns en defensa do patrimonio urbanístico e cultural; defensor dos espazos públicos e da rehabilitación dos cascos históricos; membro de Verdegaia e do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.