1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

5168926985 777f0f627f zGaliza - CNM - O Concello de Marín vai ter que pagar polo préstamo de libros na biblioteca municipal. Este é un agasallo do goberno do PP para seguir saqueando as arcas públicas e aumentar os beneficios privados.  O Venres 1 de agosto foi publicado no BOE o Real Decreto 624/2014, do 18 de xullo, polo que se desenvolve o dereito de remuneración os autores polos préstamos das súas obras realizados en determinados establecementos accesibles o públicoCon este decreto o goberno incorpora a súa lexislación a directiva europea 92/100 que obriga ás bibliotecas a pagar por prestar libros.


 

A medida supón un atentado contra a cultura e o saber, e desde o Colectivo Nacionalista de Marín opoñémonos rotundamente polo que imos solicitar do Concello de Marín un posicionamento claro e contundente de rexeitamento deste Real Decreto, polo que imos presentar un modelo de moción elaborado pola Plataforma contra o préstamo polo pago en bibliotecas.

Esta normativa fai que os concellos de máis de 5.000 habitantes teñan que pagar 0.004 euros por cada libro que se preste nas bibliotecas públicas, a partir de xaneiro do 2016, mais 16 céntimos por cada libro que merquen. Até xaneiro do 2016 haberá que pagar 5 céntimos por cada usuario que retire libros cando menos unha vez ao ano. Estes pagos efectuaranse a sociedades de autores e editores (como a SGAE).

Cando o goberno anunciou a aprobación de RD manifestou que “non implicaba cargas económicas para os cidadáns”, entón non somos cidadáns os que financiamos os concellos e o resto das administracións públicas cos nosos impostos?

Estamos ante unha norma claramente ideolóxica e privatizadora dun servizo público coa pretensión de asfixiar ás bibliotecas e saquear as arcas públicas, aínda que se abre a porta a que nun futuro sexan os usuarios destas instalacións os que paguen. Quen van saír beneficiadas, unha vez máis, son as grandes empresas “produtoras” de libros, as fábricas de best-sellers son as principais destinatarias dos cartos recadados. Prexudicarase ás pequenas editoriais e os autores menos “famosos” que verán reducidas as súas ventas ao limitar as bibliotecas a compra de libros por ter que dedicar os xa escasos recursos económicos de que dispoñen a pagar este novo canon.

Se o que pretenden e “axudar” os autores e á produción literaria por que o 70% do recadado polos dereitos por préstamo vai ir os petos das editoriais e o 30% os escritores? Quen vai cobrar polas obras dos autores clásicos como Rosalía de Castro ou Castelao? E dos escritores estranxeiros? E o que é máis importante, como se van controlar ás sociedades perceptoras destes cartos para que non aconteza un novo escándalo como o da SGAE?

O estado español non se caracteriza precisamente por destacar entre os países con maior número de lectores nin por promover nin investir en lectura e cultura. O concello de Marín tampouco pode presumir de ter unhas instalacións acordes coas necesidades dun pobo con 26 mil habitantes e cunha porcentaxe alta de escolares. As queixas son frecuentes polo deterioro das instalacións, a imposibilidade de empregalas en época de exames, ou as dificultades para acceder ou facer consultas en internet. Temos unha aula chea de ordenadores infrautilizados e unha sala de lectura non dispón de ningún para consultar o catalogo de obras con que conta a biblioteca.

O desleixo pola cultura é a tónica dos responsábeis políticos en Marín ao longo do tempo, só así se entende que en época estival, cando máis visitantes ten Marín, o museo feche por falla de persoal.

Consideramos fundamental o dereito ao acceso á cultura, o uso e lecer da literatura, á aprendizaxe, xa que a biblioteca pública é dos poucos espazos que pode garantir a universalidade do acceso aos mesmos ao longo da vida,  fronte o mercantilismo imposto por uns gobernantes máis preocupados polos datos macroeconómicos que polo benestar dos seus gobernados. A cultura non ten prezo, a literatura debe estar ao alcance de todos e non só dos que a poidan pagar.

Texto da moción

AO PLENO DO CONCELLO

 

AOS GRUPOS MUNCIPAIS DO CONCELLO DE MARÍN

 

MOCIÓN para solicitar a derrogación do Real Decreto 624/2014, do 18 de xullo, polo que se desenvolve o dereito de remuneración aos autores polos préstamos das súas obras realizados en determinados establecementos accesibles ao público.

Exposición de Motivos:

A UNESCO e a IFLA (Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecarios), afirman, no Manifesto a favor da Bibliotecas Públicas, o seguinte:

“A biblioteca pública, paso obrigado do coñecemento, constitúe un requisito básico da educación permanente, as decisións autónomas e o progreso cultural da persoa e os grupos sociais.

Este Manifesto proclama a fe da UNESCO na biblioteca pública como forza viva da educación, cultura e información e como axente esencial de fomento da paz e os valores espirituais na mente do ser humano.

Así pois, a UNESCO alenta ás autoridades nacionais e locais a que apoien as bibliotecas públicas e participen activamente no seu desenvolvemento”.

Dentro das bibliotecas públicas, as bibliotecas municipais son a primeira célula para o desenvolvemento das políticas culturais. Así o entende a Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, cuxo artigo 26.1 di que os municipios de máis de 5.000 habitantes deberán prestar, entre outros, os servizos bibliotecarios. E así o entenden os propios municipios, moitos dos cales manteñen unha biblioteca aberta sen chegar a ese nivel de poboación.

Unha das actividades básicas das bibliotecas é o préstamo de libros, afectado pola Directiva europea 2006/115/CE (antes Directiva 92/100/CEE) sobre dereitos de aluguer e outros dereitos afines aos dereitos de autor no ámbito da propiedade intelectual. Nela outórgase a posibilidade de prohibir ás institucións públicas o préstamo das súas obras, dando aos Estados membros a alternativa de adquirir o dereito a prestar ditas obras mediante unha remuneración.

Pero hai un artigo na Directiva, o 5.3, que di que os Estados membros poderán eximir a determinadas categorías de establecementos do pago da remuneración. De feito, o Informe da Comisión das Comunidades Europeas ao Consello, ao Parlamento Europeo e ao Comité Económico e Social sobre o dereito de préstamo público na Unión Europea fechado en setembro de 2002, constata que "a maior parte dos países fan uso da posibilidade de eximir a determinadas institucións de préstamo do dereito de préstamo público".

As bibliotecas públicas do estado español, e especialmente as municipais, distan moito de alcanzar os niveis medios europeos en canto a cantidade e calidade de materiais, e número de usuarios e préstamos. A obrigación de pagar un canon polos préstamos realizados suporía un novo concepto de gasto, e iso é especialmente grave para os municipios, as institucións con orzamentos máis débiles.

A aplicación dun canon ao préstamo bibliotecario, que é a actividade fundamental deste servizo público á cidadanía, supón un grave obstáculo a mellóra das nosas bibliotecas e á súa equiparación coas doutros países.

Por todo iso, solicitase do Pleno do Concello a aprobación dos seguintes acordos:

  1. Este Concello solicita ao Goberno de Estado que declare ás bibliotecas públicas municipais exentas do pago por préstamo, atendendo a posibilidade recolleita no artigo 5.3 da Directiva 2006/115/CE (antes Directiva 92/100/CEE) sobre dereitos de aluguer e outros dereitos afines aos dereitos de autor no ámbito da propiedade intelectual.
  2. Este Concello manifesta o seu rexeitamento e disconformidad co establecemento dunha taxa por préstamo en bibliotecas públicas, e insta ao Goberno de Estado a pedir a derrogación da Directiva europea que o regula, a propósito de que esa reglamentación provoca igualmente o rexeitamento doutros países europeos.
  3. Deste acordo darase traslado ás seguintes institucións: Parlamento Europeo, Ministerio de Cultura, Consellería de Cultura da Xunta de Galiza, Federación Española de Municipios e Provincias, Sociedade Xeral de Autores e Editores, Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecarios (IFLA), European Bureau of Library, Information and Documentation Associations (EBLIDA), Federación Española de Sociedades de Archivística, Biblioteconomía, Documentación e Museística (FESABID) e Confederación Española de Asociacións de Arquiveiros, Bibliotecarios, Museólogos e Documentalistas (ANABAD).

 

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.