1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

GallardónGaliza - CUT - Das declaracións feitas fai uns días por Gallardón e Feijóo en relación coas modificacións que o PP pretende introducir na redacción da nova Lei orgánica do Poder Xudicial podemos tirar as seguintes conclusións:


1. Que, no fundamental, manténse a estrutura deseñada pola comisión de expertos: Tribunais provinciais de Instancia e oficinas de tramitación. (Esta iniciativa non supón ningunha ruptura co modelo inicial nin cos obxectivos formulados no proxecto, di a nota).

2. A posibilidade excepcional resalta a nota informativa, de crear máis dun Tribunal provincial de Instancia queda suxeita ao cumprimento duns requisitos mínimos e que en Galicia soamente cumpren (nalgún caso polos pelos) Ferrol, Santiago e Vigo. En Lugo e Ourense soamente habería un Tribunal de Instancia por xurisdición.

3. Os partidos xudiciais pasan a ser meras oficinas de tramitación (sedes xudiciais do Tribunal de Instancia) e cada Comunidade Autónoma "terá que presentar igualmente unha proposta de acordo cos criterios establecidos na LOPJ, entre outros; a dispersión da poboación, os tempos de desprazamentos á capital de provincia ou o aproveitamento das infraestruturas existentes". É dicir que o mantemento ou desaparición desas sedes xudiciais queda diferida á tramitación da Lei de Planta.

No momento da tramitación da Lei de Planta será cando Gallardon e o goberno do PP aproveitarán para facer a verdadeira poda de Partidos Xudiciais, Xulgados de Paz, que terá como consecuencia o afastamento da xustiza dos cidadáns.  O mesmo proceso seguido coa Educación e a Sanidade. Para o funcionariado, as consecuencias serán a amortización de prazas e traslados forzosos.

Do texto da nota informativa publicada polo Ministerio de Xustiza, despréndese claramente que en absoluto está garantido o mantemento dos actuais partidos xudiciais, xa que o iso dependerá duns criterios fixados na propia lei e referidos ao número de habitantes, distancias coa capital de provincia ou Tribunal de Instancia, etc. Con esas condicións parece difícil que se poidan manter algúns dos partidos xudiciais de Lugo e Ourense, como A Fonsagrada, ou da Coruña, como Betanzos ou Ortigueira, ou da contorna de Vigo, como Cangas, Marín, etc.

4. Unha mostra máis do afastamento da xustiza dos cidadáns e da concepción burocratizada da mesma  é que os asuntos se tramitarán na sede xudicial na que se presenten e, mediante unha repartición provincial, adxudicaranse a un maxistrado do Tribunal de Instancia que, para a resolución de incidentes, probas, vistas e xuízos deberá desprazarse á sede xudicial. Cabe a posibilidade que a repartición provincial realice unha distribución homoxénea entre as distintas sedes para equilibrar o número de asuntos tramitados ou solucionar o colpaso dunha delas. En cada sede xudicial, e dentro de cada xurisdición, haberá asuntos cuxa resolución corresponderá a distintos maxistrados.

5. E os Xulgados de paz pasan a ser Oficinas xudiciais de Paz con funcións, supoñemos, de auxilio xudicial. Temos que ter en conta  que a función de Rexistro Civil que desempeñan a día de hoxe, pasará aos Rexistradores Mercantís cando asuman a encomenda do mesmo e se consume, así , a privatización deste servizo.

6. En definitiva, que a proximidade das eleccións municipais e a presión dos alcaldes do Partido Popular obrigan a Gallardón a dar unha pirueta circense para alcanzar o seu fin:  acabar coa Xustiza de proximidade e coa independencia xudicial e someter a Xustiza ao control político.

Con esta aparente concesión, Gallardón pretende:

Que os Alcaldes do P.P non teñan máis problemas que os propios das políticas de recortes do propio P.P. Sobre todo tendo en conta que no mes de maio terán lugar as eleccións Municipais. Como podería explicar un Alcalde do PP a perda do partido xudicial?

A amortización de cadros de Persoal, quen sabe se para xustificar futuras privatizacións, e sobre todo para acabar con calquera posibilidade de alcanzar unha xustiza eficaz.

Acabar coa Xustiza de Proximidade suprimindo nun futuro cercano a xustiza de paz en vez de potenciala.

Desde Alternativas da Xustiza Galega-CUT continuaremos esixindo, denunciando e mobilizándonos polo mantemento dos actuais partidos xudiciais e por unha verdadeira aposta por unha xustiza eficaz e independente.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.