1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

030814 baltarGaliza - Contrapoder - Condenar Baltar sen condenar o baltarismo. Iso é o que vén de facer o xulgado do penal nº1 de Ourense após decretar a inhabilitación especial para emprego ou cargo público para o home que durante 22 anos tiña sido presidente da deputación de Ourense, José Luis Baltar Pumar, por un delito continuado de prevaricación.


A xuíza considera probado que en 2010, Baltar tería contratado 104 persoas por medio de procedementos que non se axustaban á lexislación nen á mecánica pública de contratacións, e que o fixo «con conciencia de que faltaban os principios básicos de calquera contratación pública». Mais, que significa realmente esta sentenza?

Unha sentenza irrelevante

A maioría dos medios de comunicación abriron as súas edicións ao día seguinte do fallo xudicial coa mesma noticia, contada da mesma maneira: limitándose a descreber a decisión da xuíza e, no mellor dos casos (para o xornalismo), aventurando que se trataba dunha sentenza “simbólica” ou “inútil”, porque Baltar leva xa anos retirado da primeira liña da política. E mais nada: ningunha análise.

A sentenza é irrelevante e inútil porque se centra unicamente no que é xulgábel á luz dunha lexislación feita á medida polas mesmas persoas — o mesmo poder — que Baltar representaba. É irrelevante, no fin das contas, porque se xulga Baltar, o home — e a fachenda, se se quer —, e non o baltarismo, que é o nome que adoptou a particular forma de exercer o caciquismo en Ourense, e que continúa co vento de popa arrasando as comarcas dese enxendro alleo que chamaron provincia.Con efeito, a senteza do xulgado ourensán é inútil e irrelevante. Mais non só porque José Luis Baltar leve desde 2012 retirado da deputación que construíu á súa medida e á dos intereses dos seus socios, e que agora dirixe o seu fillo José Manuel Baltar reproducindo o clientelismo endémico da direita — ese clientelismo que o pai recoñecía cinicamente ao se autonomear «o cacique bo».

O novo señor provincial provabelmente non irá a Esgos dicer publicamente que se alguén ten algún familiar na lista de espera dun hospital público lle vaia pedir unha prevenda ao despacho presidencial, e que se non os atende que tiren a porta abaixo dunha patada. Mais tanto fai. Porque sen o dicer, o certo é que ás portas daquel despacho continúan as ringleiras de persoas, non só das que teñen familiares nos cada vez mais minguados hospitais públicos, senón principalmente de empresarios e outros negociadores á procura dun anaco do que alí haxa para repartir.

A Banca sempre ganha

Para o dicer rapidamente, o resultado é que os mesmos poderes continuarán a dirixir a «provincia» co obxectivo de servir aos mesmos intereses a que José Luis Baltar servía. E que nada muda, nen o apelido do presidente, nen os contratos fraudulentos, nen a capacidade das deputacións para continuaren a exercer o papel de opacos mediadores de intereses. Nen tampouco, por certo, a urxencia cada vez mais rabiosa de as destruír. Todo permanece.

De modo que hai que se perguntar: fai algún mal ao sistema esta sentenza? Ningún. Nen ao sistema nen ao caciquismo, que é a súa ferramenta base, nen aos intereses finais das oligarquías. Nen sequer ao Partido Popular en Galiza, que pode asegurar sen se despeitear que Baltar estaba xa retirado e que, no pior dos casos, a relación que mantiña con Feijóo e co resto do PP era «tensa». Ou acaso Feijóo e Rueda non saen reforzados deste episodio curto e detonado controladamente, se serve para tirar de diante un oligarca incómodo mentres o importante, o de fondo, fica perfeitamente a salvo?Ainda mais, é a propria sentenza que oferece unha saída para que gañen os de sempre. Por que? Porque se todo fica así, con Baltar pai condenado e con Baltar fillo ao mando — no entanto — o que a sentenza cría na realidade é unha espita para o desacougo: unha condena que rebaixe a presión e mostre o caso dun “político condenado”. Por fin. E porque se non fica así, se Baltar pai non asume o desconto, o que aparece acima da mesa é o prato de gosto do recurso, que terá a virtualidade de encher páxinas de xornais de minutos de televisión e radio para unha maioría social analfabetizada politicamente, incapaz de ollar para o fondo do plano mentres persegue a aparencia escandalosa dos delitos persoais, coidadosamente dosificados.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.