1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

8mGaliza - CNT - Hoxe é un día de reivindicación e loita. Un día no que visibilizamos e recoñecemos aquelas que, contra vento e marea, continúan a se enfrentar ao poder como obreiras e como mulleres.


Un día en que afirmamos que a realidade da muller traballadora nos deseña un mapa no cal a invisibilización, a pobreza, a discriminación e a violencia son aspectos definitorios. Un día en que recordamos que a loita da muller traballadora nin é nin pode ser unha loita secundaria.

As mulleres de clase obreira enfréntanse diariamente a unha dupla discriminación: por seren obreiras e por seren mulleres. O foso salarial alcanza niveis vergoñentos e concretízase en cousas como a menor retribución das mulleres por traballos equivalentes (como ocorre, por exemplo, na diferenza entre limpador/a e peón); infravaloración de categorías tradicionalmente femininas (camareiras de piso, pasadoras de ferro, coidadoras, etc) ou diferenzas salariais entre sectores feminizados e masculinizados.

Esta discriminación tamén se materializa en aspectos relacionados co acceso ao emprego, á promoción ou á formación: estabelecemento de criterios de selección falsamente obxectivos (por exemplo, esixir un título de automoción para traballar nunha cadea de montaxe); criterios baseados na disponibilidade horaria ou, o que é peor e máis habitual, ausencia de criterios de selección, que permite á empresa contratar de forma sexista sen máis explicación; eliminación de determinados beneficios para categorías con sobrerrepresentación feminina (como pluses, cobertura de vacantes ou transformación de contratos temporais en indefinidos); estabelecemento de cursos de formación fóra da xornada laboral, etc.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.