1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

140615 censuramGaliza - Ceivar - A plataforma audiovisual Youtube censurou umha cançom do compositor Volk Gz na que se fazia alusom à asociaçom galegófoba Galicia Bilingüe.


 Os motivos segundo alega Youtube é umha "reclamaçom legal" interposta por esta cançom. Até o de agora desconhecem-se mais dados sobre esta "reclamaçom legal" além que a mensagem enviada a Volk Gz desde Youtube.

A continuaçom reproduzimos literalmente a letra da cançom censurada e manifestamos a nossa solidariedade contra este novo atentado contra a liberdade de expresom.

"Vivimos nunha nación onde a opresión cara nós é a solución/ Queren quitar o que é noso, quérenos sumisos como pobo/ Cando o que defendemos o galego sufrimos persecución mentres fascistas chaman a Castelao xenófobo/ Tento ver o galego no blogue de Gloria Lago, oh oh pero nom o atopo/ So leo parvadas, que so defenden mentes pechadas, o seu bilingüismo nom/ Mentres Rajoy non sabe nen pronunciar un son, hai debuxos animados en inglés na TVG2./

IMG_20150613_133200Arraigadas fican as nosas raíces, manchadas polos merdáns do noso goberno/ Causando cicatrices, que nós, non esquecemos/ Loitamos por manter viva a nosa identidade antes e agora/ Mentres centos de miles de familias galegas choran a outros so lles importa aproveitarse e enganar coma Respuesta Estudiantil/ oh si, españois que non entenderán o meu símil pero a todo porco lle chega o seu San Martín/ A nosa loita non terá fin, contra Galicia Bilingüe, contra os que a nosa lingua oprimen/ Quen so pensa en cometer contra o galego outro crime imputando aos que non toleramos/ A eses bastardos que se se enteren de que xa estamos fartos, fartos de tanta hipocresia./

Manifestación de Galicia Bilingüe, represión, si para os que defenden a nosa nación/ boicotaremos actos nos que so alabades o espanholismo, dicindo que sofren imposición/ para encamiñar o galego a sua desaparición/ sempre perseguirán a quenes contra eles protestan, por iso, irmán, escoitame, non calaremos/ miles de ruas percorreremos denunciando e cantando cun berro: Na Galiza en galego/ Galicia Bilingüe fora da Galiza, a nosa cultura permanecerá no noso lar, nas cidades e nos campos/ abonda de que os direitos lingüísticos sexan asoballados, bilingüistas que actuan contra nós coma fora os reaccionarios/ pero non saben nin o noso abecedario e logo sairán no telediario/ nunha entrevista criticando que somos radicais, que somos nacionalistas, por ser o 44% que aínda fala o idioma da Terra/ sentímolo por dentro, expresámolo por fora, dando guerra/ A nosa loita non terá fin, contra Galicia Bilingüe, contra os que a nosa lingua oprimen/ Quen so pensa en cometer contra o galego outro crime promovendo que este disminúa, continúan co seu españolismo/ que se enteren de que xa estamos fartos, fartos de tanto cinismo./"


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.