Foto de Elisardojm (CC by-sa 3.0)
Quintía Pereira, é licenciado en Antropologia Social e Cultural, licenciado en C.C. Empresariais, escritor e músico tradicional. Assim mesmo é membro fundador e presidente da Sociedade Antropoló gica Galega (SAGA) e co-fundador da associaçom cultural e grupo de música tradicional Os Chichisos. Também foi membro fundador do Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca.
Ganhou o Prémio de investigaçom Luís Cuadrado 2010 polo seu trabalho A Nosa Senhora da Lanzada. Estudio antropológico de um santuario marítimo. Dirixe a publicaçom Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza. Como ensaista tem publicado diversos libros, entre os que sublinharemos: La historia de Galicia en 50 lugares, Uso simbólico do cuarzo na cultura galega. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos. Alicornio. O poder do corno de unicornio na medicina tradicional galega,Deuses, Mitos e Ritos do Monte do Seixo. Unha proposta interpretativa en clave céltica. É autor, ademais, de numerosos artículos etnográficos, antropológicos e históricos publicados en distintas revistas de investigaçom e divulgaçom.
Data: 4 de Maio 2016
Hora: 8 do serám – Rua Sinagoga 22
Portas Ártabras – Cidade Velha