Foto de P. Lameiro (CC by-sa/3.0/) - Manuel Maria na Praça Maior de Lugo.
A Coruña, Vigo, Lugo, Ferrol, Santiago de Compostela, Pontevedra, Xinzo de Limia, Lalín, Carballo, Betanzos, Vilalba, Outeiro de Rei, Carral, Ortigueira, Rodeiro, Ribeira, Xermade, A Laracha, San Sadurniño, Cedeira, Arteixo, Bueu, Boiro, Redondela, Cambre, Oleiros, A Pobra do Caramiñal, Cedeira… son algunhas das localidades que se están a sumar estes días á actividade Manuel María na túa voz. Actividade esta que se desenvolverá ao redor do día 23 de abril, día do libro, e que tenta ser unha homenaxe pública, popular e literaria a Manuel María, autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano.
Á espera de que máis localidades vaian confirmando a hora das súas lecturas públicas, que nalgúns lugares irán acompañadas de música, proxeccións, pequenas representacións…., a Fundación Manuel María anima e convida ás galegas e galegos a que asistan a estes actos, organizados por Concellos, Bibliotecas Municipais, entidades culturais…, quer como público, quer lendo ou recitando algún dos poemas ou textos da prolífica e polifacética obra creativa do escritor chairego.
Alén do evento físico, a Fundación Manuel María convida a aquelas persoas que queiran, sobre todo a aquelas galegas e galegos que moran en localidades onde non se desenvolve esta actividade ou residan fóra da Galiza, a que fagan a súa particular homenaxe a Manuel María e partillen na páxina web da fundación (http://www.casamuseomanuelmaria.gal/