1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

260216 massaGaliza - CGT - Co lema “Pasaxe segura xa!”, diversas organizacións convocan para o próximo sábado, día 27, ás 19:30 horas, unha manifestación que...


Todos somos refuxiados

...sairá da Praia de Riazor e rematará no Obelisco. A esta convocatoria súmase a CGT da Coruña.

A manifestación faise coincidir na data coa “Marcha europea polos dereitos das persoas refuxiadas”, que distintas organizacións de toda Europa convocan para esixir vías de accesos seguras ao continente para os milleiros de persoas que cada día se ven obrigadas a cruzar o Mediterráneo e as fronteiras xogándose literalmente a vida, mentres gobernos e estados non fan outra cousa que poñerlles todo tipo de obstáculos.

Non podemos quedar indiferentes ante a indignidade dos chamados “líderes europeos”, que se limitan a dar voltas ao redor do problema sen aportar ningunha solución, no mellor dos casos, e a utilizar a xenofobia e a represión dos fuxidos en outros moitos; e non podemos quedar pasivos ante un problema que xa causou milleiros de mortes na guerra, milleiros de mortes na viaxe, máis de 10.000 nenos desaparecidos sen clarexar, etc.

A CGT da Coruña fai un chamamento para que non esquezamos o noso pasado e a nosa actualidade como emigrantes e amosemos a nosa solidariedade acudindo á manifestación.

Comité Local da CGT da Coruña


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.