Contra a Unión Europea “fortaleza”
DEREITO DE ASILO XA, PAPÉIS PARA TODOS E TODAS
A chegada de centos de miles de persoas expulsados pola forza do seu pais, fuxindo das guerras que arrasan Oriente Proximo e o mundo árabe, desde Afganistán/Iraq até Siria, pasando por Libia ou Iemen, veñen a xuntarse a todas aqueles que teñen que emigrar por mor da pobreza inducida dos seus paises. Se ate o de agora a Europa "fortaleza" conseguira con muros como os de Melilla e Ceuta ou medidas policiais como o Frontex, frear parcialmente a onda migratoria, as guerras impostas no Oriente Proximo teñen desbordado os estados da UE, poñendo de manifesto a gran farsa que é o chamado “espazo Schengen” segundo o cal existe liberdade de movementos de persoas dentro da Unión Europea.
A Unión Europa é o acordo entre as diversas potencias europeas, con Alemaña e Francia como eixo vertebrador, contra os traballadores e as traballadoras europeas, coa imposición dos “mini jobs”, reformas laborais, perda de dereitos e desmantelamento dos servizos sociais, como o demonstran as politicas da Troika destes últimos anos. A Unión Europea, ademáis, ten outro carácter, é a unidade desas potencias, do capital aleman, francés, inglés, italiano ou español, para competir cos EEUU ou Xapón en mellores condicións polo saqueo das riquezas dos paises dominados. Pero, e ese é o seu talon de Aquiles, tambien compiten entre eles por dominar dentro da UE, por decidir quen manda na Unión.
A intervención militar das potencias imperialistas e de Rusia na zona, xunto coa actuación do fascismo do ISIS xeran, como un boomerang que miles de persoas ven forzados a fuxir, e que atopan na UE?; unha xungla de fronteiras supostamente “abertas” polo espazo Schengen, que se pechan abruptamente. Politicas xenofobas desde os estados, que no mellor dos casos só insinúan que entre eles pode haber “terroristas”, e no peor actúan cos métodos que criamos no vertedoiro da historia: quitanlles as súas pertenzas, marcalos con sinais como “apatridas”, impede-lles achegarse ás cidades,... e sectores da poboación responsabilizando-os de todos os males que a sociedade capitalista xera sen necesidade de ningunha axuda: desemprego, desarraigamento, xenofobia. Todo aquilo que nos anos 40 provocou unha onda de indignación en todo o mundo, as atrocidades do nazismo contra xudeus, contra xitanos, contra comunistas; todo reaparece dunha maneira sutil ou evidente nas sociedades europeas, como na Alemaña coa queima de casas de acollida.
Ante isto, a propia UE cambaléase, porque sae a relucir o que realmente é: unha suma destartalada de potencias imperialistas en crises, incapaces de resolvela, e que atopan nos refuxiados o chibo expiatorio da súa propia incapacidade. As persoas que foxen da destrución das súas paises son victimas das mesmas institucións que impoñen a miseria en Grecia -á que lle obrigan ademais a ser o garda fronteiras: os pobres europeos contra os pobres árabes-, que impoñen recortes e empobrecimiento á clase traballadora e os pobos de Europa, da Unión Europea, do FMI.
Corrente Vermella chama á clase traballadora a solidarizarse activamente coas persoas refuxiadas, son parte da clase obreira, non por caridade cristiá, filantropica, senón porque son explotados como nós; como recoñece cinicamente o propio Deustche Bank, “son persoas que poden traballar por salarios inferiores ao salario minimo”. O capital e os seus gobernos queren man de obra barata, semiescrava, para presionar á baixa os salarios dos nativos. A clase obreira europea ten que ver nas persoas refuxiadas o que son, compañeiros e compañeiras de clase: NATIVA OU ESTRANXEIRA, A MESMA CLASE OBREIRA!
As organizacións da clase traballadora, organizacións sindicais, asociacións e partidos, teñen que porse á fronte da solidariedade, esixindo dos seus gobernos o direito democrático basico de asilo e papéis para todos; mas tamen medidas concretas de integración como a repartición do traballo, sen redución de salarios: en Europa hai traballo para todos e todas, o desemprego coa loxica de dividir entre activos/nativos e parados/extranxeiros. Mentres, os capitalistas europeos, cos españois á cabeza, teñen superbeneficios produto desta explotación.
Hai millóns de pisos baleiros en mans dos bancos; os concellos do “cambio” teñen a oportunidade de demostrar o “cambio” nos feitos, poden e deben abrir esas vivendas, gústelles ou non aos banqueiros, non só para os desafiuzados galegos e galegas, senón tamén para os “desafiuzados/expulsados” do seu propio pais, as persoas refuxiadas.
Para superar a división que introducen non chega coa mera “axuda humanitaria”, cristaliza a división entre "refuxiados" e "nativos"; hai que dar unha perspectiva de loita contra a raíz do problema que se chama Unión capitalista Europea.
Foto: UN