Arrincarán a xornada As Liopardas, chegadas da Escola de Circo de Compostela con maxia, malabares, teas e portés.
A continuación, daremos paso a unha foliada de mans de Porcas Bravas e Airinhos de Estrume (Ourense).
O seguinte espectáculo repara nas artes escénicas. A compañía Lumpens Organizadxs– responsable d’ Sexo dos Horrores que tamén está de aniversario, propón desta volta un espectáculo multidisciplinar contra a represión e a prol da liberdade de expresión.
Por volta das 22 horas, faremos unha paradiña no programa para dar paso ao ceador vegano. Eis o menú: Patés, lentellas, fabada, txpatis e pisto de verduras.
Rematada a cea, será a quenda dos concertos. Abren cartaz, Tu no mandas (Ourense). Subirán despois ás táboas Os Porconas (Vigo) e Una Puta Mierda (Matavenero, León). Psicofenómenos (Vigo) pechará a rolda de actuacións.