1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

cartel pepa loba webGaliza - Pepa Loba - Peto Externo de Planificación Antisistema e Luita Base Anticapitalista.


Este sábado 20 de Febreiro nasce unha nova ferramenta independente para poder artellar alternativas e resposta social, así como para poder xerar mecanismos de defesa perante as situacións de represón ás pesoas que exercen os seus dereitos. A asociación Pepa Loba (Peto Externo de Planificación Antisistema e Luita Base Anticapitalista), que xorde ao abeiro de ECOAR))), apresentarase ás 20:02 no espazo “Dinamo Coworking” (Rúa Ecuador, 14).

Hoxe, vivemos unha etapa máis dun sistema global que se caracteriza pola constante violación dos dereitos das persoas e a destrución da biodiversidade. Un mundo no que o beneficio económico é a fin última, e onde cada día que pasa as principais liñas da axenda política internacional están máis e máis subordinadas á vontade das grandes corporacións transnacionais.

Na atualidade habitamos nun mundo onde as 62 persoas máis ricas do mundo teñen tanta riqueza como a metade da poboación máis pobre da Terra, 3.600 millóns de persoas; onde existen 7,6 billóns de dólares en paraísos fiscais; onde as guerras provocan máis de 180.000 mortes ao ano; onde as persoas refuxiadas ou desprazadas representan xa un número superior aos 60 millóns; ou onde se deitan 6.000 millóns de toneladas de lixo ao oceano ou se deforesta máis de 90.000 quilómetros cadrados de florestas ao ano.

E perante esta situación a sociedade analisa os problemas e organízase, coordénase e xera saídas a este tipo de questóns. Millóns de persoas constroen cada día en todo o planeta un complexo construto social crítico e ativo, tecido en rede dende o local ao internacional, através do que se afrontan as diversas problemáticas e se constroen ferramentas e solucións alternativas, así como acións e campañas de sensibilización e resposta social.

Neste contexto nasce a Pepa Loba (Peto Externo de Planificación Antisistema e LOita Base Anticapitalista). Unha ferramenta independente que busca multiplicar os recursos cos que poder confrontar as violacións de direitos humanos e a destruizón do planeta, ao tempo que se buscan saídas as distintas problemáticas que se apresentan.

Ver evento: https://www.facebook.com/events/155024511533347/

Vídeo


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.