As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. O documental Fíos Fóra [historias de obreiras, entre costuras e patróns] fai un novelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema.
Desde Isca! organizan a presentación deste documental, en colaboración coas protagonistas e colaboradoras do mesmo, en Redondela o vindeiro 26 de febreiro ás 20:00 horas no Multiusos de Redondela (Paseo da Xunqueira). Posteriormente terá lugar un coloquio con persoas responsábeis do documental.