O 18 de xuño de 1999, coincidindo coa reunión do G8 en Colonia, Reclaim the Streets, un grupo caracterizado polas súas ocupacións radicais e creativas do espacio "público" de Londres e outras ciudades británicas, paraliza o centro financeiro da capital británica coa acción ‘Carnaval contra o Capital’, convocada co lema A nosa resistencia é tan transnacional coma o capital.
Na segunda entrega da serie ‘Entre soños’, A imaxinación radical (Carnavais de resistencia), Marcelo Expósito documenta esta acción e formula a tesis de que o tipo de irrupción política de Reclaim the Streets vai prefigurar as posteriores formas da protesta anticapitalista global. O filme ensina como a modelación carnavalesca da protesta prodúcese xusto na articulación incipiente de vínculos translocais entre as loitas contra o neoliberalismo baseadas na democracia e a acción directa.
Marcelo Expósito naceu en Puertollano, Castela-A Mancha, en 1966. Cursou estudos de Ciencias da Información, que abandonou para se dedicar á música experimental e á imaxe. O seu traballo como artista expándese habitualmente cara aos territorios da teoría crítica, o traballo editorial, a curadoría, a docencia e a tradución. Reside entre Barcelona e Bos Aires, sendo co-director académico do Programa de Estudos Independientes (PEI) do Museu d’Art Contemporani de Barcelona (MACBA) e Profesor Asociado na Facultade de Belas Artes da Universidade de Castela-A Mancha. Desde as últimas eleccións xerais, é secretario cuarto da mesa do Congreso de los Diputados por Podemos.
Ten realizado unha extensa filmografía en vídeo, con títulos como Primeiro de Maio (a cidade fábrica) (2004), Táctica+Ritmos de Resistencia (2007), O Ano en que o futuro rematou (comezou) (2007), Léxico familiar: cambiar o mundo sen tomar o poder (retrato de John Holloway) (2008), Non reconciliados (ninguén sabe o que un corpo pode) (2009) ou 143.353 (os ollos non queren estar sempre pechados)(2010). Nos últimos anos, os seus vídeos mostráronse en ducias de festivais, encontros, mostras e exposicións por todo o mundo.
A vindeira cuarta feira, 24 de febreiro, pecharemos o mes cunha sesión especial arredor do filme Canción do sur (Song of the South, Wilfred Jackson / Harve Foster, EUA, 1946), unha fita que mestura animación e acción real e que ten xerado numerosas controversias debido á súa representación das relacións raciais. Nesta sesión contaremos coa presenza da investigadora María Míguez, que presentara a súa tese doutoral Canción del Sur: un film singular de Walt Disney.
O filmes vai ser proxectado na súa versión orixinal. A entrada é de balde, e pódese adquirir un bono axuda para colaborar co Cineclube. O Cineclube tenta ser unha asociación autoxestionada, polo que para manter o noso funcionamento, propoñemos unha achega económica persoal, cunha cota mensual de 5 euros para traballadoras e de 3 para estudantes e paradas.
FEBREIRO 2016
Mércores 17 de febreiro ás 21:30 no Pichel
A imaxinación radical (Carnavais de resistencia)
(La imaginación radical (Carnavales de resistencia), Marcelo Expósito, Estado Español, 2004, 60', VO)
Mércores 24 de febreiro ás 21:30 no Pichel
Sesión arredor de Canción do sur (Song of the South, Wilfred Jackson / Harve Foster, EUA, 1946).
Presentación da tese doutoral de María Míguez Canción del Sur: un film singular de Walt Disney