Cuarta, día 10 de febreiro, proxectaremos o documental MIAU (Movemento insurrecional pola autonomía de unha mesma) ás 20:00h (informan que non comezará a actividade ate o remate da concentración en solidariedade cos titeriteiros convocada ás 20h en cervantes).
Esta ferramenta foi creada para compartila e xerar conversación entre quen a vexa.
Sen ánimo de gañar diñeiro mediante a especulación do coñecemento, porque este perténcenos a todas e foi recuperado para liberalo.
É UN AGASALLO, NON o compres NON o vendas. Descárgao, cópiao, difúndeo, estuda, insignia.
O Movemento Insurrecto pola Autonomía dunha Mesma (MIAU), reúnese todas as noites, estuda e traballa por construír a autonomía básica: a do noso corpo. E faio en solidariedade, porque é máis divertido que liberarse soa.
Este documental é un guiño para todas aquelas que ignoramos o funcionamento do noso corpo e vémonos sometidas a calquera estrutura machista e patriarcal, xa sexa a médica, a farmacéutica, ou comida veleno ou calquera persoa que tente silenciarnos.
Nós loitamos por vivir nunha sociedade libre e mentres o facemos, creamos lazos de confianza e compartimos o coñecemento aprendido, esperando que se entenda que aí está a graza, en aprender e ensinar, con xenerosidade, matando o ego e a usura.
Por iso este documental é un agasallo, porque é coñecemento liberado.
Está dedicado a todas as mulleres, bruxas, gatas, que loitaron pola liberdade. E como non hai loitadora que non sexa perseguida polo poder, a todas aquelas que foron asasinadas, perseguidas, torturadas e que viven na nosa alma de guerreiras.