O Grupo Xeral de (Contra)discurso ECOAR))) ofréce esta palestra, enmarcada na campaña global STOP TTIP, e que ten como punto central a análise e difusión das nefastas consecuencias que teñen os tratados de libre comercio (TTIP, TISA, CETA...) sobre as persoas e a biodiversidade.
Con esta iniciativa pretendemos achegar á cidadanía, a través dun enfoque crítico, que é o que vai supor a aprobación dos tratados de libre comercio. Buscamos que a xente comprenda como lle van afectar na práctica a posta en marcha de ditos acordos e, ao tempo, que outro tipo de alternativas poderían construírse.