1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

667250a3 ad83 42f1 a57d a2de06a222dcGaliza - AC Almuinha - O vindeiro xoves día 31 de decembro o Apalpador visitará Marín outro ano máis. Será a partir das 17:00h. cando percorra as rúas de Marín saudando á rapazada e repartindo doces, acompañado dos seus fieis músicos.


Ás 18:00h. chegará á carpa da Feira de Artesanía, que se atopa na Alameda Rosalía de Castro, onde fará entrega dos premios do Concurso de Debuxos "Debuxando ao Apalpador".

A.C. Almuinha, A.C.D. O Gharaboto e a Asociación de Artesáns de Marín aproveitan para animar aos/ás máis pequenos/as a que leven os seus traballos á carpa até o día 30, onde xa se poden ver un bo feixe de debuxos que están alí expostos, e tamén a que a xente visite a carpa, onde amais de botar unha ollada aos produtos dos diferentes postos da Feira poderán tirarse unha foto facendo de Apalpador cunha imaxe do carboeiro.

O Apalpador é unha personaxe mítica galega propia das zonas da alta montaña luguesa (Caurel, Cebreiro, Ancares...). O Apalpador, tamén coñecido como Apalpabarrigas ou Pandigueiro, é un carboeiro que vive nas devesas e caracterízase polo seu grande tamaño, viste boina e traxe esfarrapado e con remendos, fuma en pipa e aliméntase con bagas salvaxes e os porcos que caza no monte.

Ao rematar o ano baixa da súa escura morada para ir visitar os nenos e nenas e chega cando estes están durmidos, apálpalles a barriga para ver se están fartos ou se teñen fame. Se están cheos dilles “Así, así esteas todo o ano”, deixándolles unha presa de castañas. No caso de teren fame, fica calado e tamén lles deixa unha presa do froito dos castiñeiros. E tamén deixa algún que outro agasallo...

Para tranquilizar aos rapaces e rapazas, bulideiros/as pola inquedanza da chegada do Apalpador, os pais cantábanlles

Vaite logo, meu meniño 
marcha agora para a camiña
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña

Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.

Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

Hai moitos personaxes polo mundo adiante que traen agasallos aos nenos polo Nadal. Uns están representados como boa xente e outros como “os malos” mais case que todos teñen un tronco común, ben seguro que precristián. Posibelmente a antiga tradición do Apalpador sexa un dos máis antigos vestixios da nosa cultura. E como parte dun patrimonio ameazado debemos esforzarnos por mantelo.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.