A Igrexa, por depender a súa existencia do engano, manipula á infancia co ideal da sociedade de consumo ao converterse o Nadal nunhas datas de luces, compras e, por suposto, agasallos.
Desde pequen@s incúlcannos o nacemento do neno Xesús ao que os reis magos van adorar por ser deus na terra, ensínannos que se nos portamos mal os reis non virán traernos agasallos. Diso encárgase principalmente a familia pero, se esta falla, xa están as televisións e o colexio para bombardear de propaganda cristiá: propagan a favor da submisión, a obediencia e, sobre todo, o medo. A festa relixiosa quérese disfrazar de tradición xa asentada (coma se caese do ceo e non implicase ideoloxía ningunha) para xustificar que unha escola pública na que, en teoría, só se imparte relixión como materia optativa maniféstese, ao fin, como adoctrinadora: Quen non debuxaba aos reis meigos de pequeno? A quen non lle preguntaba o mestre polos agasallos recibidos?
Isto non só supón unha basta forma de manter a seita cristiá, senón que é un atropelo a tod@s aqueles que traballan por criar aos seus fill@s na liberdade, o pensamento crítico e en valores afastados do consumo propio do capitalismo que nos xera cada vez máis necesidades innecesarias.
Por iso, como anarquistas e, por tanto, anticapitalistas, antiautoritarias e ateas, non queriamos deixar pasar estas datas sen manifestar o noso total rexeitamento á institución eclesiástica (que ao parecer ten especial obsesión c@s nen@s), á monarquía que aproveita para caerlle simpática á xente e, en xeral, a toda a hipocrisía propia do Nadal que valora máis as aparencias que ás persoas. Constitúe unha pequena parte máis na loita que non hai que esquecer para recuperar a nosa vida e a d@s nos@s fill@s.
Xuventudes Anarquistas