Foto da Comuna - Um ato no CS A Comuna da Corunha.
Portas xiratorias, indecencias como o novo centro hospitalario de Vigo e numerosos escándalos. O escritor e sociologo Manuel Monge falará de todas elas o vindeiro 10 de decembro a partires das 20.00 horas no Centro Social A Comuna (Verea do Polvorín 35, Corunha)
O propio autor explica que Indecencias e Corruptelas é un libro de combate e engade que é tamén unha modesta contribución a ese rearme ideolóxico e político, unha ferramenta para aumentar a indignación e potenciar a organización e a mobilización cívica. “Non podemos quedarnos na indignación, hai que pasar á acción, presentar alternativas, organizarse, mobilizarse e ocupar as rúas", indica. O sociologo falará tamén das portas xiratorias poñendo como exemplos a Felipe González e José María Aznar. Monge tamén rebatirá como os políticos repiten como un mantra que os recortes son necesarios e que non hai outra posibilidade, mentres que adican numerosos recursos públicos á defensa e a inversión ruinosas.
Manuel Monge é tamén autor de Autovías galegas. Crónica dunha farsa (1999); A Coruña de Paco Vázquez (2003); Outra Coruña é posíbel (2007); A historia secuestrada polo franquismo (2010); O “camarada Fraga” e as vítimas da represión franquista (2014); Perdemos o tren. As claves políticas do atraso (2014); O poder na Coruña. De Vázquez a Negreira (2015).
Título | Presentacion de Indecencias e Corruptelas de Manuel Monge |
Día | Xoves 10 de Decembro de 2015 |
Hora | 20.00 horas |
Lugar |
Centro Social A Comuna (Verea do Polvorín, 35)
|