Tamén (como se ve na foto) colocaron unha faixa con esta lenda: “Polo dereito para vivir con dignidade”. Dicer tamén que, tras descender voluntariamente do barco, os dous activistas foron identificados.
Colamos acá do blogue “Envolventes as palabras” de Manolo “Pipas” esta súa poesía ao respeito desta acción, titulada “décimas da xusta abordaxe – un ano e un día despois” (en referencia a que o aniversario foi o venres 3, mais a acción non se puido realzar nesa data debido a presencia insistente e persistente, durante toda a xornada, de efectivos da policia de Abel Caballero (o home sen PXOM nen paixón)
un ano despois dos feitos
veciñas e rotondianos
o alfageme abordamos
reclamando os dereitos,
mui intenso foi o treito
pola xustiza social
tonto alcalde policial
con mentiras e maldades,
nós pomos comunidade
os afectos e a sal
hai un pirata vixía
no pau maior do alfageme
abaixo outros que remen
pola xusta reveldía,
eu escribo a poesía
coas rotondianas rimas
chegan amigos e primas
mandan fotos e videos,
xogamos ao veo veo
secretas e mandarinas
nese mastil do alfageme
dous rotondianos subidos
reflexionan no perdido
e gañado nestes meses,
abaixo mui boa xente
apoiando a nosa loita
a policía da a nota
bombeiros que se retiran,
e baixamos da tarima
segue a defensa de coia
desde o alfageme
o cronistadecoia