Sindicatos como a CUT, o STEG, o SAGAP, o SF ou o SLG e outras entidades e colectivos sociais como FOANPA, Asemblea Popular de Vigo, Plataforma de Afectadxs pola Hepatite C, @s Ninguéns, PAH Vigo-Baixo Miño, etc. e moitas voces singulares dunha manchea de iniciativas populares locais incidiron na idea de "insistir no que nos une, entregarse á crítica que constrúe", nun foro marcado pola sombra dunha sociedade que se dispara á barbarie. Por iso, durante o receso do Encontro a concorrencia manifestouse ao pé do Centro Cívico pola paz e contra a incipiente e enésima guerra imperialista.
Un encontro que bota o peche con moitas conversas prendidas, ideas pendentes e proxectos por definir. Que chamaba a coordenar todas as axendas para sumar forzas e evitar a multiplicidade de convocatorias, que fixaba unha convocatoria de concentración para o sábado 5 de decembro ás 18 horas no Marco contra a guerra e a barbarie.
Mais sobre todo un encontro no que se acordaba unha nova xuntanza en xaneiro para afondar na palabra, no debate e na coordinación de loitas. Un encontro pois con vocación de continuidade.
[FOTOGALERÍA] Fotogalería do Encontro: aquí.