Galiza - ODS-Coia - Este sábado 21 de novembro a xente do Espazo Aberto Antimilitar, do G.A.S. e da ODS-Coia organizan a palestra "A cen anos do Congreso Internacional da Paz. Ferrol 1915". A cargo de Eliseo Fernández, investigador especializado no movemento obreiro galego en xeral, e no anarcosindicalismo e o anarquismo en particular. Será o sábado 21 ás 20h00 no local da cooperativa Árbore (R/López Mora 30 - Vigo).
Cando un século atrás sinalados militantes do obreirismo galego de raíz anarquista fixeron súa a tarefa de dar vida a un evento que marcara distancias entre os bandos enfrontados durante da I Guerra Mundial, facendo fincapé na responsabilidade última do proletariado ante a guerra, poucos imaxinaron os obstáculos de todo tipo que deberían sortear para que un tal acontecemento callara. Porén, foi posíbel. Non entanto, aquel apelo á fraternidade entre pobos mantén, na altura, toda a súa actualidade nunha época definida pola proliferación de conflitos bélicos nun escenario de guerra global permanente.
Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.