Unha veciña foi a que fixo saltar a lebre coa súa valente confesión no facebook, nese novo portal colectivo “XENTE E AMIGOS DE LAXE”, pero a súa revelación inadmisible curiosamente foi respaldada por un nutrido grupo de declarantes que se atreveron a divulgar públicamente tal acontecemento, coincidindo ademáis esas versións deste caso tan controvertido. Só un dos tertulianos, comedido e tamén moi educado, prefiriu denominalo “posible dron de posesión doméstica”, sen censurar as convencidas descripcións dos demáis membros. En definitiva …. ¿qué é o que surcou o ceo, dende Soesto ata Laxe, no anoitecer do 8 de novembro de 2015 ? …..“E ata aqui podo leer”.
Foi Xose Manuel Barros, alma máter da Asociación Mar de Fábula, un dos culpables, directo ou indirecto, de que as nosas franxas litorais acabasen no punto de mira de toda España coa súa laboura, colectiva e voluntaria, de limpeza dos plásticos e refugallos que emponzoñaban“as areas de praias tan bravas”** . Foi tamén moi eloxiado pola crítica ese artigo seu falando do corredor marítimo de Fisterra que a vinte millas do litoral mantén un tráfico de buques que acada a cifra de corenta mil navíos o ano, nada máis e nada menos, de tódalas nacionalidades e bandeiras. Bidóns baleiros con letras exóticas e símbolos de “contido tóxico considerablemente perigoso”, riscos que aboian, en ocasións, nas nosas ribeiras. Outros moitos, a saber cantos, acaban no fondo do fondo do mar.
Precisamente este mariñeiro xubilado, Xose Manuel, de orixen ferrolán, pero con casa en Camelle, e co seu corazón xa eternamente plantado nesta rexión agreste e oceánica, expoñerá unha pequena parte do seu traballo artístico e atlántico nesa mostra de artesanía comarcal, tan suxerente, que vai ter lugar o día 22 deste mes, domingo a tarde, no pavillón de Laxe, e por ali andarei ….“in person”, pois a cita esta promete sorpresas.
Décimo terceiro aniversario do afundimento do Prestige e 125º aniversario da traxedia do H. M. S. Serpent, Cabo Vilán, foron só algunhas das escuras conmemoracións neste mes de novembro.
¿Será decembro un mes tan mariñeiro e soleado como foi este novembro? Este mes que foxe como ese misíl circular e celeste que nos deixou pasmados aquel día oito de novembro, algo antes dese venres trece tan lamentable que marcará a fogo pra sempre a lembranza dos nosos naufraxios….. e tamén o naufraxio da paz europea cando París se afundía en só unha hora.
Redacta: Óscar de Souto
pintor de follas en branco
http://www.aelg.org/centro-documentacion/autores-as/oscar-de-souto
Vila de Laxe, 16 de novembro de 2015.
Notas:
- Surfcasting: O surfcasting é unha modalidade de pesca deportiva ou de afición, consistente na pesca con cana, que se practica dende a beira da plaia. É unha forma de pesca moi coñecida e relaxante, excepto cando é por competición.
* “as areas de praias tan bravas”** …. Extracto do poema Artaigo do poeta arteixán Antón Borrazás.
Artigo de X. M. Barros : “O corredor de Fisterra nutre de basura plástica a costa”
pincha aqui pra leer o enlace ó artigo: