1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

190715 combater9Galiza - Isca! - Neste Día da Patria de 2015 sairá ao prelo o número 9 do Combater, o noso voceiro nacional, mantendo deseño e extensión dos últimos anos.


 Nel tratamos diversos temas de interese desde a organización popular contra as touradas na Galiza até a vixencia do transfeminismo, pasando pola militancia e as redes sociais ou a realidade da loita contra ENCE na ría de Pontevedra. A capa e o editorial céntranse na campaña de Isca! sobre a necesidade da saída dunha Unión Europea irreformable e a ruptura co réxime español para construír unha República de noso, ceibe e sen explotación.

Velaí o editorial:

Galiza é unha nación dependente e empobrecida no económico, no político e no cultural, sen soberanía nin poder de decisión e sometida a políticas españolizadoras, negadoras e centralistas que teñen como fin a nosa completa destrución como pobo e que abranguen todo o que nos rodea. A Unión Europea é un proxecto ao servizo do grande capital transnacional para unha maior explotación da clase traballadora, as privatizacións masivas, a erosión das nosas conquistas, as reformas radicais da lexislación laboral e a potenciación do mercado. Unha estrutura nitidamente antidemocrática por definición, desde todo punto de vista irreformable.

Estamos inmersas nun proceso gravísimo de desmantelamento do país, cada día máis subordinado. É preciso, pois, facerlle fronte aos proxectos do gran capital que son contrarios aos intereses dos pobos e das clases populares, que espolia o noso aforro, que arruína a nosa industria, que empobrece a nosa clase traballadora e que nos nega un futuro digno e na terra. Defender unha alternativa clara, contundente e rupturista coas políticas que padecemos é vital para rachar coa folla de ruta do capitalismo neoliberal que nos foi imposta.

Entendemos a soberanía e a independencia como esa vía de saída do capitalismo e o único camiño para a construción dunha alternativa sistémica diferente, deixando atrás opresións de todo tipo, onde os dereitos sociais estean garantidos. Unha república plenamente soberana que enfronte os monopolios e que rache coas estruturas imperialistas das que fai hoxe parte o Estado español.

Descarga o Combater aqui


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.