1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

180715 jcGaliza - Kaos en la Red - Reunida en plenario extraordinario a militancia da Xuventude Comunista (UJCE), no 14 de xullo de 2015 na sede do PCG en Ourense acordamos por voto unánime:


1. Que tras máis de 11 anos dende a súa reconstrución, comunicamos disolta con efectos inmediatos a organización en dita comarca ao considerarmos a maioría do Comité Comarcal e militancia que se chegou a un impasse trala resolución en falso do proceso das camaradas da comisión política galega nuns termos que nos parecen intolerables.

2. Que os motivos que nos empurran a esta saída superan este marco concreto, e que estimando precisa unha explicación detallada ante a militancia desta organización e o conxunto do movemento comunista, recollemos os mesmos na carta de disolución anexa que faremos pública en diversos medios. Neste senso, faremos asemade públicas as cartas á comisión de garantías e control da UJCE que recollen exposición, debate e probas do suceso concreto que nos precipita a esta disolución.

3. Que ao non constituírmos un grupo fraccional en torno a unha liña definida no momento desta saída, as militantes que solicitan a súa baixa da UJCE fano de xeito voluntario e como tal, son libres de organizarse como crean oportuno fóra destas siglas.

4. Que no tocante á actividade da Xuventude Comunista na cidade de Ourense durante as vindeiras semanas, non será senón realizada por militancia estudantil só presente na comarca en período estival; e que polo tanto, expomos falsa toda negación desta disolución dende a dirección política da UJCE ante a súa militancia ou fóra da mesma.

Comité Comarcal da Xuventude Comunista en Ourense.

Ligazón á carta de disolución (galego): https://www.dropbox.com/s/fm9a1pdug8awj3d/carta%20disoluci%C3%B3n%2014-7-2015.pdf?dl=0

Material anexo (castelán): https://www.dropbox.com/s/crb1w06g12z73n0/carta%20CGC%208-11-2014%20%28castellano%29.pdf?dl=0 https://www.dropbox.com/s/06926w0bs8e20pa/carta%20CGC%205-3-2015%20%28castellano%29.pdf?dl=0


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.