1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

140715 cutGaliza - CUT - As plataformas locais e comarcais das Marchas da Dignidade en todo o país déronse cita hai uns días en Compostela para programar a folla de ruta para o mes de outubro.


Logo dun amplo debate, e a inclusión de diversas propostas, decidiuse convocar unha gran mobilización nacional o sábado 24 de outubro ás 12 da mañá. Asemade, coa intención de ir quecendo motores, quedaron fixadas tamén varias manifestacións simultáneas nas cidades de Ferrol, A Coruña, Lugo, Compostela, Ourense, Pontevedra e Vigo que transcorrerán polas rúas reclamando pan, traballo e teito o xoves 8 de outubro.

Cómpre mencionar, tanto de cara ó programa de outubro como para as actuacións posteriores a nivel nacional e estatal, a data do 19 de setembro. Nesa altura celebrarase a II Asemblea Nacional Galega das Marchas da Dignidade na cidade da Coruña á que están convidadas tódalas agrupacións e movementos sociais das diferentes plataformas comarcais. Os colectivos e movementos sociais convocantes recalcan a importancia deste conclave para facer emerxer a loita na rúa tralo período estival e coa intención de levar a cabo un cambio social efectivo que non se constatará unicamente co cambio de cor política de certos concellos. Secundamos, por suposto, os novos escenarios abertos tralos comicios municipais e animamos a seguir diversificando e ampliando as mobilizacións. Esta é unha loita anti-sistémica.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.