1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

050715 ttipNoiaGaliza - Isca! - O TTIP é o acordo soñado polos grupos empresariais máis grandes das dúas beiras do océano atlántico.


 O obxectivo que quere conseguir é a eliminación das normativas que afectan ás relacións entre empresas transnacionais que operan tanto nos EEUU como na Unión Europea disfrazando tal fin como un fortalecemento comercial. Os primeiros contactos entre a Comisión Europea e o goberno estadounidense, non confirmados até moito tempo despois, datan do ano 2011 e a partir dos cales se emprenderon unha serie de reunións cos representantes das redes empresariais máis potentes.

O TTIP non é só un acordo comercial tradicional centrado na redución duns aranceis sobre as importacións duns socios comerciais que xa son moi baixos e que apenas poderían reducirse máis. O principal obxectivo é eliminar aquelas normativas, aquelas regulamentacións que podan supor unha «traba» para os beneficios das empresas transnacionais. Isto implica, en esencia, a práctica eliminación de multitude de normativas en segredo para evitar no posíbel o debate e a resposta popular.

O acordo é un ataque de grande envergadura contra os dereitos sociais, laborais, ambientais e civís, xa de por si insuficientes na Unión Europea. Busca tamén crear novos mercados abrindo o sector dos servizos públicos ás corporacións transnacionais, o que ameaza con privatizacións masivas na sanidade ou na educación. Mais unha das medidas máis preocupantes do TTIP é que pretende conceder a investidores estranxeiros o dereito a demandar os estados soberanos ante tribunais de arbitraxe privados, creados a tal efecto sen ningún tipo de garantías nin control, para reclamar perdas resultantes de decisións sobre política pública. Eleva o capital transnacional a un status equiparábel ao dun estado, con todo o que iso supón.

De toda esta problemática falarase o vindeiro venres día 10 a partir das 19:00 horas no Centro Social Harar (Corredoira Luis Cadarso, nº53) en Noia nunha palestra que leva por título o que esconde o TTIP e como afectará ás persoas e aos pobos. Intervirán Diego Santório do Movemento Galego ao Socialismo e Miguel González de Isca!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.