1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

300714 xaquinGaliza - Revista Abordaxe - [C. Ribas] Hoxe tócanos o trance amargo da despedida; e é que outro apreciado compañeiro abandonou para sempre este agridoce camiño que é a vida.


Coñecín a Xaquín Yebra-Pimentel fai xa case década e media, cando me pasei a estas lides do anarquismo. Non obstante el xa levaba transitando longo tempo os camiños da insurxencia e a rebeldía. Antes mesmo de que eu me decidise a andar por estes mundos el xa coñecía o carcere, os calabozos e demais delicias represivas, por aqueles tempos alegremente administradas polo fascismo.

Quizais por iso Xaquín estivo sempre especialmente sensibilizado coa causa anticarceraria. Todos o recordaremos como un incombustible participante das marchas do Nadal á prisión de Teixeiro. Razón pola que foi especialmente escollido, xunto a outros poucos "agraciados", para ser multado inxustamente por iso.

Xaquín era profesor, non podo saber, polo menos de primeira man, que tal se lle daba iso da docencia. Non obstante sempre nos acordaremos del recomendando esta ou aquela lectura en función dos derroteros que tomara a nosa conversación. Mesmo moitas veces che traía este texto, aquel libro ou o outro poema que che recomendara tempo atrás e do que ti xa non te acordabas.

Unha vez coincidiume traballar cun compañeiro que casualmente fora alumno seu. Quedei francamente sorprendido da profunda impresión que as súas clases produciran nel. O cariño que lle gardaba e a admiración que lle provocaron as súas leccións parecían telo marcado de xeito indeleble.

Pero xa non veremos nunca máis a Xaquín. Xa non volverá apuntar coidadosamente cousas na súa pequena libretiña ao vuelo de calquera conversación. Marchou para sempre porque un maldito cancer o levou.

Xaquín, emprendiches a túa derradeira viaxe. Como bo ateo volviches á nada, fúcheste a ningures a encontrarte con Xosé Tarrio, Niti, Toco ou Loló, que che precederon niso de cruzar as fronteiras deste mundo camiño do vacío. Cando te atopes con eles, alá pola inexistencia, mándalles recordos de nós os vivos; dilles que vos levaremos sempre presentes mentres continuemos transitando por este trance da vida. Sempre loitando como fixechedes vós. Non hai présa pero, gústenos ou non, pronto nos atoparemos aló.

Ata sempre Xaquín!

C. Ribas dende Abordaxe!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.