Os medios de comunicación falan dun orzamento de 300.000 euros, e parte da veciñanza do barrio decidimos paralizar as obras, xa que rexeitamos de cheo esta inmoralidade do goberno municipal. Mentres que non hai cartos para as necesidades da xente, e sen consultar con ninguén, queren meter un barco na rotonda de Alcampo, ou proxectan reformar o estadio de Balaidos con cifras desorbitadas.
Consideramos que unha rotonda non é o sitio apropiado para expoñer un ben cultural, sobre todo no caso dun barco, coa súa íntima relación co mar. Por outra banda, denunciamos este gasto insultante cando parte do barrio e da cidade está sufrindo con crueza as consecuencias da crise: desemprego, cortes de luz, despexos...