Estos compas atópanse agora mesmo de baixa pola dificil situación que veñen sufrindo nos últimos tempos na oficina que a empresa Tecnocom ten no polígono do Tambre en Santiago de Compostela dirixida polos señores Vicente S.O. e Tomás B.C.
Por facer un pouco de memoria...
Os nosos compas informáticos denunciaron á empresa Tecnocom e á Consellería de Educación por cesión ilegal de traballadores. Despois de ser externalizada a subcontrata, desde a propia Consellería onde traballaban á oficina da empresa, e tras deixar pasar un cauteloso prazo de tempo a empresa Tecnocom despide aos compañeiros alegando unha baixada voluntaria do rendemento no traballo.
Meses despois de denunciar este despedimento celébrase o xuizo correspondente de onde se obtén declaración do despido nulo que obriga a Tecnocom a reincorporar aos denunciantes nas mesmas condicións nas que estaban, e quedando por resolverse nun xuizo a posterior a demanda de cesión ilegal entre a empresa Tecnocom e a Consellería de Educación.
Así pois, os compañeiros regresan ás oficinas da empresa constituíndo unha sección sindical de CNT. Pero non regresan nas mesmas condicións que tiñan como dicía a sentenza, senon noutras ben distintas: sen proxecto asignado, apartados dos compañeiros, con un ordenador insuficiente, con impedimentos para a formación, cun troco de horario, incluso con cambios temporais do centro de traballo (desprazando a un dos compañeiros a Coruña varios días á semana), e un logo ecétera de "detalles" por parte de D. Vicente S.O. e D.Tomás B.C.
Aos nosos compañeiros non lles quedou outro remedio que volver a denunciar a Tecnocom por incumprimento da sentenza. De novo xuizo, de novo sentenza favorable aos traballadores, e de novo tamén incumprimento por parte de Tecnocom, que incrementa a presión sobre os compañeiros que ven estupefactos como gañan denuncia tras denuncia pero ao final a empresa fai o que lle peta.
Finalmente, os nosos compañeiros non poden máis coa situación, poñense en mans dos profesionais da mediciña que lles dan a correspondente baixa.
Chegado este punto moitos preguntámonos: de que serve a xustiza? de que vale acumular xuizos gañados se a empresa segue a facer o que quere? Incluso moitos preguntaranse tamén se lles valeu a pena aos compas ter denunciado inicialmente para acabar sufrindo este drama persoal e laboral.
Desde CNT, só podemos dicir que estamos orgullosos da valerosa loita que estes dous compañeiros están a levar a cabo na defensa dos seus dereitos, e que non están sós, toda a confederación da CNT está con eles, e que desenvolveremos todas as accións legais e sindicais ao noso alcance contra Tecnocom e os seus responsables para que os compas poidan volver a traballar dunha maneira normal e digna, que é o único que piden estes traballadores.
Así que, alí onde se esconda iso que chaman xustiza... nos atoparémola!!
ÁNIMO COMPAÑEIROS, ARRIBA OS QUE LOITAN!!
TECNOCOM BASTA XA DE REPRESIÓN!!