Galiza - CUT - A delegada de persoal da CUT que leva catro anos desafiando a unha empresa con varias condenas por vulneración de dereitos é sancionada con 10 días de emprego e soldo.
A empresa de hostalaría Casa das Crechas SL, propiedade de Vitor Belho, vén de sancionar á delegada de persoal da CUT con 10 días de emprego e soldo polo uso do seu crédito sindical, na segunda tentativa da empresa de destituír ilegalmente á representación colectiva no centro.
Logo de negarlle reiteradamente as súas horas sindicais a empresa amonestou á traballadora pola utilización do seu crédito para tarefas sindicais, querendo provocar o seu despedimento. Esta empresa destacouse dentro da hostalaría compostelá nos últimos anos por acumular sentenzas condenatorias por diversas vulneracións de dereitos laborais e tamén sindicais a compañeiros e compañeiras desta central, e xa os tribunais composteláns lle obrigaron a pagarlle á delegada unha indemnización pola agresión aos seus dereitos representativos.
Para a CUT é moi importante sinalar a responsabilidade de Vitor Belho, insigne líder da farándula compostelá, no fostigamento aos membros da nosa sección sindical que conduciu a varias mobilizacións ás portas desta empresa, e que concluíu no despedimento de varios compañeiros e compañeiras. A CUT non descarta a reanudación das mobilizacións sindicais.
Microdoaçom de 3 euro:
Doaçom de valor livre:
Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759
Desenhado por Eledian Technology
Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.
Clique em uma das opções abaixo.