Galiza - Adega - Neste día adicado pola ONU á Nai Terra, os/as ecoloxistas adoitan lembar algunha das moitas débedas ecolóxicas que a sociedade ten co planeta. Mais para transcender a mera celebración puntual, ADEGA aposta tamén pola formación continua e a acción directa.
Galiza - SAM - A Cámara Municipal de Oleiros respondeu a nova solicitude de Santa Cruz Aberta ao Mar de maneira positiva, com o que a entidade cultural da paróquia oleiresa de Lians terá accesso ao expediente do controvertido projeto de hotel, que estaria sediado a poucos metros da costa, em zona de inundaçom em caso de temporal, e que apantalharia o emblemático castelo de Santa Cruz.
Galiza - Adega - A resolución aprobada nas Cortes por estes tres partidos insta ao governo a acelerar a construción da A-76, unha obra innecesaria e carísima que deixa tocados os valores naturais e culturais da Ribeira Sacra.
Galiza - AC Almuinha - Hoxe domingo 17 de abril ás 10:30h. a A.C. Almuinha de Marín organiza unha nova andaina no marco do proxecto que bautizamos como "Coñecendo o noso entorno". Nesta ocasión achegaranse ao Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, nunha andina duns 7 km. entre os concellos de Marín e Pontevedra. A saída será desde a área recreativa do Monte Pornedo (San Xulián-Marín).
Galiza - Gentalha do Pichel - A próxima quinta feira 14 de abril, às 20h30 no CS O Pichel (Santa Clara n.º 21) contaremos com Óscar Antón Pérez García, assessor técnico agrário que nos achegará informaçom e perspectivas críticas do ponto de vista administrativo, legal, empresarial e da saúde sobre o uso de fitossanitários na alimentaçom.
Galiza - PDC - O Alcalde de Cabana usa recursos públicos para personarse nun contencioso para defender os intereses da empresa mineira de Corcoesto. A personación foi acordada por un Decreto da Alcaldía de decembro de 2015.
Galiza - Adega - A contaminación lumínica, menos coñecida que a acústica ou a atmosférica, é outro xeito de polución da sociedade do consumo. Unha das reivindicacións que ADEGA quere trasladar ás institucións nesta Semana Internacional por un Ceo Escuro (International Dark Sky Week) é a redución da contaminación lumínica para recuperarmos o ceo estrelado, un dereito recoñecido pola UNESCO e que nos roubaron as urbes polucionadas.
Galiza - Adega - Na tarde de día 5 de abril un grupo de voluntariado ambiental de ADEGA Vixiantes de Recursos Naturais da DXCN actuaron nunha canle de rega de Pontecaldelas para rescatar á fauna atrapada e axudarlles a completar o seu ciclo vital.
Galiza - Adega - Paratermo Energía SL pretende instalar unha planta química para gasificar carbón e producir metanol en pleno Macizo Central ourensán, e dentro do territorio de cría da aguia real. Outro "proxecto milagre" no medio do monte a ver se alguén pica...
Galiza - Adega - Continuando co labor encetado o pasado ano, este martes 5 de abril en horario de tarde desprazaranse até Pontecaldelas para rescatar á fauna (principalmente anfibios) atrapados nunha canle de rega.
Galiza - Diário Liberdade - O Prestogal é umha ferramenta web que promove o consumo colaborativo no bairro.
Galiza - Associaçom Fontainha - O vindeiro domingo 3 de abril de 9 a 13 h. realizarase o XII censo de aves en paso prenupcial da Asociación Fontaíña no treito costeiro vigués que vai dende Cabo de Mar (Alcabre) ata a Praia de Baluarte (Coruxo), pasando pola Xunqueira do Lagares.
Galiza - SCAM - [Ramiro Vidal Alvarinho] Santa Cruz Aberta ao Mar une a sua voz a aquelas que já se dirigirom a instáncias da Xunta de Galicia (concretamente à Direçom Geral de Proteçom da Natureza e à Direçom Geral de Património) para reclamar a modificaçom do traçado da corrida pedestre de montanha “Trail Costa de Dexo-Oleiros”.
Galiza - Adega - Dende o ano 2011 vense desenvolvendo no concello de Oleiros o denominado Costa Trail de Oleiros “Seixo Branco”, carreira pedestre de montaña organizada pola Sociedade de Montaña Ártabros coa colaboración nesta edición do concello de Oleiros e o Club de Atletismo Sada.
Galiza - APDR - Desde que o goberno en funcións do PP concedeu a prórroga de 60 anos a ENCE, semella que se abriu a veda de caza da APDR, e así sucédense as declaracións airadas desde ENCE e sectores achegados que, "utilizando os mesmos argumentos mentireiros, pretenden desprestixiar á Asociación" que preside Antón Masa, explica este. "E, no colmo da desvergonza, ENCE chega a acusarnos hoxe de “complicidade na contaminación” da Ría por –segundo eles- non ter denunciado a existencia de vertidos urbanos e bacterias coliformes".
Galiza - Adega - A finais de 2014 a Consellería do Medio Rural acordou elaborar unhas propostas para a revisión do Plano Forestal de Galiza, vixente dende 1992. Para tal fin criouse no Consello Forestal un grupo de traballo que se reuníu durante 2015. Finalmente elaboráronse unhas directrices, resultado dun inquérito deseñado por dous coordenadores propostos pola Consellaría.
Galiza - TFdPV - O pasado día 3 de marzo o Consello da Xunta anunciaba o inicio do proceso de cara á aprobación da nova da Lei de Protección Animal. A pesar dalgúns avances, como o que atinxe á prohibición dos circos con animais, este anteproxecto de lei é claramente insuficiente xa que pretende ocultar con algunhas concesións a decisión política de permitir que en Galiza continuen a organizarse touradas.
Galiza - Adega - En decembro de 2015 o Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galiza incluía no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos un novo sitio arqueolóxico en Mondoñedo, coa denominación Castelo de Monte da Arca e clave de identificación GA27030036.
Galiza - Sermos Galiza - [Adela Figueiroa] Nestes tempos andam a levantar-se diferentes propostas e queixas, na Galiza e em Lugo acerca do desleixo en que a administração do estado está a manter com a nossa cidade e a nossa província. São relativas ao Trem de Alta velocidade comummente chamado AVE.
Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759
Desenhado por Eledian Technology
Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.
Clique em uma das opções abaixo.