Entendemos que a escolha da data é un acerto ao facer seguimento da data escolhida tamén pola maioría sindical do País Basco, o que reforza o conteúdo e necesidade do internacionalismo proletario e máis entre nacións sen estado. A gravidade da situación económica e social fai desta convocatoria unha necesidade incontestábel, e por este motivo da CUT facemos un chamamento público a todas as forzas sindicais que defendan o sindicalismo de clase a se somar a esta convocatoria e traballar sen folga para que a greve sexa un sucesso.
A nova Reforma Laboral agocha na súa letra pequena a súa verdadeira intención: acabar coa negociación coletiva, acabar coa representación sindical, acabar co dereito a greve, acabar en definitiva levándonos ao século XIX.
O traballo que temos por diante é muito, mas a nosa dignidade como traballadores e traballadoras non entende de cansazo.