1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

190212_ggGaliza - Forxa! / PCPE CdaGz - Reproduzimos o documento emitido por Forxa! e PCPE-CdaGz em apoio à greve geral convocada pola CIG para 29 de março.


A REFORMA LABORAL DO PP SERVE AO CAPITAL E GOLPEA SALVAXEMENTE AO POBO TRABALLADOR

O Goberno do PP lacaio dos monopolios e do imperialismo europeo con centro en Berlín desencadea unha ofensiva brutal contra a clase obreira e o pobo traballador

A REFORMA LABORAL É:

-Abaratamento do despedimento.

-Rebaixa masiva dos salarios.

-Vía libre aos Expedientes de Regulación de Emprego.

-Novos mecanismos de sobreexplotación da mocidade obreira.

-Máis cartos públicos (bonificacións) para a patronal

-Ataque ás prestacións por desemprego

-Privatización dos servicios públicos de emprego mediante as parasitarias ETTs

-Ditadura empresarial nos centros de traballo en materia de xornada, salario e funcións.

-Liquidación dos convenios colectivos limitando a súa vixencia, na perspectiva da súa desaparición.

Parte das reformas xa foran antes pactadas coa patronal e os dirixentes sindicais colaboracionistas.

Todas estas medidas van no camiño de abaratar máis aínda a forza de traballo e endurecer a ditadura da patronal . Máis paro, pobreza, unha mocidade sen futuro, unha infancia desnutrida,sobreexplotación da muller traballadora, milleiros de galegos e galegas durmindo na rúa son o auténtico rostro do Capitalismo na nosa época.

Máis paro, escravitude laboral e guerra imperialista son as "solucions" que nos impón o capital para resolver a crise estrutural do seu sistema podre e caduco.

O ataque aos salarios e aos dereitos continuarán mentres os traballadores e as traballadoras non sexamos quen de erguer unha ampla frente obreira unitaria para derrotar as suas políticas.

O reformismo aposta por unha saída a crise dentro do marco capitalista cando esta é imposible. A única salvación, o único xeito de garantir as necesidades básicas do conxunto da poboación, é mediante a expropiación dos monopolios,mediante a organización da economía en proveito da maioría traballadora e non dunha minoría capitalista.

Compre responder a esta salvaxe agresión organizando a unidade e a loita sostida da clase obrera e o pobo pola derrota do sistema capitalista, pola salida do euro, da UE e a OTAN, pola conquista do poder para a maioría traballadora.

Os e as comunistas de FORXA e o PCPE traballamos por organizar e articular a unidade da clase nunha soa frente obreira clasista e combativa, superadora da división en siglas sindicais e calquera outra falsa división da nosa clase, organizada desde os centros de traballo e os sectores produtivos, barrios e localidades, en comités e asembleas contra o Pacto Social co enemigo de clase, pola unificación de todas as loitas obreiras, pola Greve Xeral.

Os comunistas do PCPE e FORXA chamamos a preparar a GREVE XERAL DO VINDEIRO 29 DE MARZO celebrando asembleas, concentracións, mitins, manifestacións, axitando amplamente para acadar unha resposta masiva e unitaria danosa clase ao ataque antiobreiro da patronal e os seu gobernos.

Guerra á patronal e aos seus gobernos,

Guerra ao capitalismo

A loitar para liquidar o réxime de explotación

GREVE XERAL CONTRA O CAPITAL

FORXA!COLECTIVO MARXISTA LENINISTA

PCPE COMUNISTAS DA GALIZA


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.