1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

110313 saudeGaliza - CIG - A Federación advirte da existencia no Hospital Arquitecto Marcide "de diminutas salas de espera sen ventilación abarrotadas de doentes".


A CIG-Saúde de Ferrol vén de denunciar a situación de colapso que se está a rexistrar dende hai meses no servizo de urxencias do Hospital Arquitecto Marcide, provocando o amoreamento de pacientes e familiares nas salas e corredores do servizo, así como a falla de espazo físico e espazos inadecuados e insuficientes para doentes e traballadoras/es.

Dende a Federación comarcal explican que a capacidade do servizo de urxencias está sobrepasadísima, describindo a existencia de "diminutas salas de espera sen ventilación" abarrotadas de doentes amoreados/as que se atopan en condicións indignas", xunto con profesionais que teñen que desenvolver a súa labor en condicións, "como pouco, infrahumanas para eles/as e os seus/súas pacientes.

As salas asistidas, apuntan, están infradotadas a nivel de recursos humanos e os/as doentes que requiren de especial atención e vixilancia atópanse moitos días en situación de amoreamento, en salas nas que se supera a capacidade física "e o que resulta aínda máis grave, se sobrepasa a capacidade de traballo dos/as profesionais, pondo en risco a seguridade de pacientes e traballadoras/es".

O amoreamento no servizo de urxencias de pacientes que deberan estar en servizos de hospitalización trae consigo situacións de colapso que se teñen convertido nunha situación do máis habitual, nunha norma, no canto de ser excepcionais ou mal chamadas situación puntuais. Así, a CIG-Saúde pon como exemplo a situación do pasado luns día 4 de marzo, cando máis de 40 pacientes permanecían no servizo de urxencias á espera de ser trasladados a unha planta.

De feito, denuncian que mesmo se chega a carecer dunha simple padiola ou de cadeiras para deitar ou sentar a un paciente; de profesionais suficientes que teñan unha mínima posibilidade de proporcionar unha atención digna e cun mínimo de calidade; de espazo físico para o volume de pacientes que se atopan no servizo e, en resumo, "carecemos dos medios físicos, materiais e humanos para unha prestación de atención urxente adecuada ás necesidades e dereitos de pacientes e profesionais".

"Por moito que a Xerencia a través do seu gabinete de prensa informe que o que está a ocorrer no servizo de urxencias é algo puntual propio da estación....queremos e debemos desmentir esta afirmación, polo ben de usuarios e das/os traballadoras/es", aseguran.

Así, as situacións nas que numerosos pacientes permanecen horas no servizo de urxencias son habitual, o amoreamento é habitual, a falla de profesionais nestas situacións é habitual, a falla de medios físicos e materiais é habitual. "Negar esta situación é negar a realidade porque cando se fala de colapso no servizo de urxencias as variábeis para que esta situación se produza son múltiples, e non imputábeis tan só ao número de urxencias que acoden ao servizo, senón a cualidade das urxencias, medios físicos e humanos para atendelas, tempos de espera e permanencia no servizo...", puntualizan dende a CIG-Saúde.

Por esta razón, instan á Xerencia a habilitar as camas necesarias de hospitalización e dotar a todos os servizos dos suficientes recursos humanos para evitar que os/as doentes se amoreen en urxencias. Do mesmo xeito, invitan aos responsábeis do hospital a mudar a política de "altas precoces" para que os/as pacientes non se vexan obrigados a retornar ao centro a través do servizo de urxencias.

A CIG-Saúde alerta tamén que as/os profesionais se atopan realizando a súa labor en condicións miserábeis e baixo un enorme estrés laboral físico e emocional, polo que as posibilidades de erros nesta situación se multiplican "e tanto a Xerencia como o SERGAS lávanse as mans depositando toda a responsabilidade nuns profesionais que se atopan sufrindo e asumindo as consecuencias das políticas de recortes, cargando con toda a responsabilidade ao seu lombo".

A este respecto, lembran que "nin a Xerencia nin o SERGAS sentan no banco dos acusados, cando ocorre algo que nunca debera ter ocorrido. Todo o contrario, os seus ingresos/retribucións aumentan de maneira proporcional ao aforro que realizan a conta de traballadoras/es e usuarias/os, retribucións que permanecen ocultas aos ollos do público".

Fronte a este deterioro dos servizos sanitarios públicos, dende a Federación de Saúde aseveran que "non debemos permitir nin aturar por máis tempo o que está acontecendo, mermando a calidade asistencial de forma intencionada e maltratando a persoal e usuarias/os".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.