1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

terraGaliza - Terra - Terra celebrou no verán a súa asemblea fundacional pechando un ciclo de case un ano de debates críticos, coa intención de construír unha ferramenta que sitúe poña á mocidade a xerar condicións comunitarias para un proceso revolucionario.


Un proceso de debate cara á confluencia. Cara á converxencia da mocidade obreira que a pesares da rabia necesaria conservamos firmeza e ilusión transformadora para mudalo todo, dende o pé. Este é o relato dun ciclo de case un ano de encontros e debates de mozos e mozas que vimos intervindo en diferentes espazos políticos e sociais para conformarmos unha organización da mocidade autónoma, que non quere ser máis do que unha ferramenta en mans de todas e ao servizo da emancipación nacional e social do noso pobo e tamén así, da loita pola liberación das mulleres.

Conscientes da sociedade na que intervimos, Terra fai unha aposta por existir para ocupar un espazo que ficou baleiro: o dunha organización autónoma da mocidade obreira galega que faga de casa común das problemáticas sociais mais sobre todo que fronte á confusión abra un camiño novo. O camiño da mocidade obreira galega é con máis necesidade do que nunca un camiño revolucionario. Sen medos e sen tutelas. Un camiño no que o comunismo, a independencia e o feminismo de clase son barricadas de lume e de esperanza, mais sobre todo, son instrumentos cos que loitar pola sociedade radicalmente igualitaria que sempre quixemos e que estamos dispostas a defender co nosa voz, coas nosas mans e cos nosos corpos.

Nacemos para multiplicar, cansas da eterna división e do sectarismo. Nacemos para construír dende abaixo, cansas de promesas de grandes edificios encetados polo tellado que acaban por esmoroarse nas mans duns poucos. Nacemos para atoparnos, cansas dos intereses e esforzos postos en xerar confusión para que non se entenda que sen comunidade política, sen interdependencia e unha profunda ética do coidado entre a propia militancia non existe alternativa posíbel, e que o Capitalismo non quere outra cousa que vernos illadas, soas, prodtivas e fráxiles. Nacemos para defender unha radicalidade comunista que se alonxa tanto dos dogmas e dos fósiles como das entregas e das renuncias. Nacemos porque queremos a independencia sen oportunismos, estratexemas ou aprazamentos: Galiza será libre co concurso urxente dos esforzos de todas. Nacemos finalmente para defender o noso lexítimo dereito como mulleres, galegas, obreiras e mozas a reapropiarnos do noso corpo sen pedir permiso ou preguntarlle a ninguén, para defender uns corpos non dominados, insubmisos, libres, con voz propia.

Este é o camiño que decidimos andar. Loitar, loitar, loitar.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.