O pasado xoves 4 de decembro alcanzáronse 1.000.000 de sinaturas contra o #TTIP en Europa. Estas sinaturas foron enviadas a Jean-Claude Juncker, presidente da Comisión Europea. A campaña de firmas busca ademais conseguir que 7 países superen o 100% da cota asignada de sinaturas para levar a cabo unha Iniciativa Cidadá Europea (unha especie de ILP europea). Finlandia, Austria, Alemania, Reino Unido e Eslovenia xa o conseguiron; Francia, Holanda, Luxemburgo e Francia están preto de alcanzalas. No Estado español conseguimos o 67% da cota e estamos a unhas 13.200 firmas do 100%.
Por iso este xoves, 11 de decembro, a campaña colle novamente forza nas redes sociais, para dar outro paso adiante dicindo alto e claro: NON ao TTIP nin ao resto de tratados antisociais e inxustos que nos queren impoñer dende a Unión Europea, como o CETA ou o TISA. A Unión Europea e Estados Unidos, en absoluto segredo e de forma urxente, están negociando un tratado de libre comercio chamado TTIP (siglas en inglés de "Tratado Transatlántico de Comercio e Investimento") O principal obxectivo deste tratado é a eliminación das barreiras regulatorias que limitan os beneficios económicos das empresas transnacionais aos dous lados do Atlántico.
Con todo, estas 'barreiras' son as que protexen e regulan os nosos dereitos sociais e ambientais. Son moitos e moi importantes os aspectos que están en xogo: a restrición de transxénicos, a regulacións sobre o uso de sustancias químicas tóxicas no agricultura, o fracking, as leis de proteción da privacidade en Internet e a protección dos nosos datos ou a liberalización dos servizos públicos como sanidade, educación, seguridade e auga.
A menos que presionemos para parar este tratado, a súa ratificación conlevaría a perda de importantes dereitos adquiridos nas longas loitas democráticas e dos intereses sociais da cidadanía da Unión Europea e os Estados Unidos, así como do resto do mundo. A cidadanía pode actuar contra o TTIP de varios xeitos: de forma virtual, presencial e/ou ambas. É por iso que hoxe queremos relanzar a recolla de sinaturas que se está a levar ao cabo, animando á cidadanía a participar.
Porque dende ECOAR))) xunto con outras organizacións, queremos apelar ás institucións da Unión Europea e seus estados membros a que suspendan as negociacións do TTIP e que non asinen o Acordo Económico e Comercial Global (CETA) co Canadá. Máis información: Sigue a campaña en https://www.facebook.com/noalttip Participa na recolla de sinaturas en http://ecoarglobal.org/iniciativa-cidada-europea-contra-ttip-e-ceta-2/