O obxectivo desta actividade, aberta a todo o mundo, é achegar a revista e o equipo de traballo que está tras ela á cidadanía, presentar as distintas posibilidades de participación e permitir ás persoas asistentes coñecer o funcionamento deste medio de comunicación colaborativo, sen ánimo de lucro, aberto a cidadanía de Vigo e a súa contorna, no que colectivos e persoas individuais poden publicar as súas opinións e informacións sobre temas sociais, políticos e culturais.