1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

120615 garaboaGaliza - Comité de Solidariedade - Villena, 17 de maio de 2015. Querida Pepita, queridos compañeiras e compañeiros do Comité de Solidariedade coas presas e presos políticos, escribovos para informarvos de que recentemente recebín unha "Diligencia de Ordenación" da Audiencia Nacional modificando "la liquidación de condena a fin de descontar el arresto sustitorio de las penas de multa impuestas".


 É dicir, que descontáronme os 6 meses e 5 días de cárcere que no seu día metéronme por non pagar a multa que me impuxeron naquela andrómena que ousaron chamar xuízo.

Considero importante lembrar que unha parte da multa que me impuxeron ia destinada a indemnizar aos policias que me torturaron fisica e sicolóxicamente durante 5 días cando fun detido. A miña denuncia de torturas rematou no lixo, nalgún despacho da Audiencia Nacional, nembargantes a min puxéronme unha multa por ousar denunciar aos meus torturadores. Por iso, no seu intre rexeitei o voso ofrecemento para recaudar na rúa os cartos da multa. Tratábase dunha cuestión de principios. Finalmente, conseguímo-lo sen baixar a cabeza, e unha vez descontados os 6 meses e 5 días a miña data de cumprimento é o 22 de maio de 2016.

O mérito deste trunfo correspóndelle ao noso avogado, Andreu, pois foi él quen realizou todas a s xestións para que me descontasen eses 6 meses e 5 días de cadea. Asemade, quero destacar o apoio que lle ven prestando a miña compañeira, a presa política do PCE (r), Arantza Díaz Villar, recentemente operada dun cancro de colon, pois supera con moito as súas "obrigacións" como avogado.

Como ben podedes imaxinar, estou moi ledo polo adianto da data da miña saída en liberdade. Porén, teño que dicirvos que eu non estaba preocupado por estes 6 meses e 5 días que ao cabo descontarónme. Eu estou preocupado polos meus camaradas do PCE (r) e GRAPO que permanecen en prisión malia padecer doenzas moi graves. Estou preocupado por Manuel Arango Riego, encarcerado malia sofrer Hepatite C e outras graves doenzas; por Maria José Baños Andujar que tamén padece Hepatite C e outras graves doenzas; por Arantza Díaz Villar, doente do cancro de colon; por Paco Cela Seoane, que sofre Hipoglucemia grave; e por Manuel Pérez Martínez, Arenas, que representa mellor que ninguén a intencionalidade política e represiva da desantezón médica nas cadeas, xa que leva anos impedindo que poidan facerlle unha simple operación de cataratas coa clara intención de deixa-lo cego. Coa lei na man, todos eles deberían estar xa na rúa polas súas graves doenzas que padecen, e se estes fascistas non os ceivan é porque o seu obxectivo é deixa-los morrer lenta e silenciosamente na cadea, como xa fixeron coa nosa camarada Isabel Aparicio, hai pouco máis dun ano.

Insisto, estou moi ledo por esta batalla xurídica que gañamos, pois vou tardar 6 meses menos do previsto en voltar con vós. Pero non pod evitar pensar que para as presas e presos gravemente enfermos, 6 meses de cárcere poden significar a diferenza entre a vida e a morte, e con eles as batallas xurídicas non van ser suficientes. Ademais, temos que seguir denunciando a cruel situación na que se atopan e seguir prestándolles todo o noso apoio. Hai que sacalos a rúa!!!!

Unha forte aperta carregada de forza e agarimo para todas e todos vós.

Liberdade pres@s polític@s enferm@s!!

Amnistía Total!!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.